Cualificación
de non presentado: Corresponde ao alumno, cando só participe de
actividades de avaliación que teñan unha ponderación inferior ao 20% sobre a
cualificación final, con independencia da cualificación alcanzada.
Segunda
oportunidade: Na data e hora establecida no calendario académico
oficial para a realización da proba de avaliación correspondente á segunda
oportunidade, realizarase un exame que constará de dúas partes:
Parte
xeral, que representa un 60 % da nota final que se suma a cualificación obtida
polo estudante nas probas de avaliación continúa realizadas ao longo do
cuadrimestre.
Parte
específica para que os estudantes que o desexen poidan recuperar a
cualificación correspondente ás probas e actividades contempladas na evaluación
continua programadas e realizadas ao longo do cuadrimestre (probas test,
problemas e outras actividades avaliables). A realización desta parte
específica consistirá nunha serie de preguntas, exercicios e/ou casos práctos
cos que se avaliará a adquisición do tipo de competencias requeridas para
superar as probas de avaliación continua realizadas durante o cuadrimestre.
Esta parte do exame permite acadar un máximo do 40% da nota final. Deste xeito,
os estudiantes estarán en condicións de acadar na segunda oportunidade un 100%
da cualificación.
Nota
importante: O estudante que realizan a parte específica da proba de avaliación
final programada para a segunda oportunidade enténdese que renuncia a
cualificación obtida na avaliación continua desenvolvido durante o
cuadrimestre.
Convocatoria
adiantada: 100% en examen final.
Estudantes
con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de
exención de asistencia: Agás para as datas aprobadas na Xunta de
Facultade para a proba obxectiva final, para as restantes probas acordarase ao
comezo do curso un calendario específico de datas compatible coa súa
dedicación.
Sobre
condicións de avaliación final: Está prohibido acceder á aula de exame con
calquera dispositivo que permita a comunicación co exterior e/ou almacenamento
de información.
Identificación do estudante: O estudante ha de
acreditar a súa personalidade de acordo coa normativa vixente.