As actividades prácticas desenvolveranse nas aulas e como extensión delas, o cal require, pola súa propia natureza, unha supervisión por parte dos docentes.
As titorías individualizadas (no horario oficial publicado pola facultade para cada profesor), así como as titorías de pequeno grupo que se programen, realizaranse a través de Microsoft Teams. Fora deste horario, os estudantes poderán facer preguntas a través dos foros establecidos en Moodle.