Solución de problemas |
A1 A2 A3 A4 A5 A6 A8 A11 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 C1 |
Durante o periodo de clases, e no prazo estipulado polo profesorado, desenvolverase un traballo en grupo que suporá o 15% da cualificación final (máximo 1,5 puntos) e que formará parte da avaliación continua. O traballo non realizado e/ou non defendido puntuará como cero.
|
15 |
Proba mixta |
A1 A4 A6 A8 A11 B2 B3 B4 B6 B7 B8 C1 C4 |
Durante o periodo de clases realizaranse varias probas mixtas de avaliación continua, que non terán carácter liberatorio e que suporán en conxunto o 25% da cualificación final (máximo 2,5 puntos). Cada proba non realizada puntuará como cero.
|
25 |
A) NORMATIVA DE AVALIACIÓN: - Condicións de avaliación: está
prohibido acceder ás aulas de exame con calquera dispositivo aceso que permita a comunicación co exterior e/ou o almacenamento
de información. En canto á comisión de fraude e responsabilidades
disciplinarias, aplicarase o disposto no artigo 14 das "Normas de avaliación,
revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e
mestrado universitario" da UDC. - Identificación: cada estudiante ha de acreditar a súa personalidade de acordo coa normativa vixente.
B) TIPOS DE CUALIFICACIÓN: - A cualificación de NON PRESENTADO só se outorgará ao alumnado cuxa participación en actividades de
avaliación teña unha ponderación inferior ao 20% sobre a cualificación
final, con independencia da cualificación acadada. - A avaliación exposta tamén rexe para o alumnado con recoñecemento de
dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia.
C) OPORTUNIDADES DE AVALIACIÓN: - Os criterios de avaliación anteriormente indicados nesta sección aplicaranse tanto na primeira como na segunda oportunidade de avaliación. Con todo, na SEGUNDA OPORTUNIDADE DE AVALIACIÓN terase a posibilidade de recuperar a cualificación da avaliación continua a través dunha proba mixta que terá un peso do 40% cualificación final (máximo 4 puntos), cuxa cualificación substituirá á obtida na avaliación continua de primeira oportunidade en caso de que sexa superior a esta.
- A oportunidade adiantada de avaliación terá lugar na data establecida pola facultade a tal efecto e o exame
será tipo proba mixta de todos os contidos e competencias da materia e polo 100% da cualificación.
|