Datos Identificativos | 2022/23 | |||||||||||||
Asignatura | Análise Económico das Organizacións | Código | 611G02023 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 1º cuadrimestre |
Terceiro | Obrigatoria | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Proba de resposta múltiple | A8 A11 B1 B2 | Examen tipo test, con penalización para as respostas incorrectas | 60 |
Presentación oral | A7 A8 A9 A10 A11 B4 B5 B9 B10 C4 C7 C8 | Exposición oral de dous traballos complementada con uso de diapositivas. Desenvolveranse dous TRABALLOS EN GRUPO nos que se elixirá UN dos seguintes temas: - Gobernanza: análise do grao de (des)integración vertical (economía dos custos de transacción) - Incentivos: análise do sistema de incentivos (teoría da axencia) Unha vez escollido o tema (gobernanza ou incentivos), o primeiro traballo consistirá nunha revisión da literatura sobre o tema e o segundo traballo sobre unha aplicación práctica dese tema -análise dun caso nunha empresa real. |
40 |
Observacións avaliación | |||
A) NORMATIVA DE AVALIACIÓN: 1. Condicións de avaliación: Está prohibido acceder á sala de exames con calquera dispositivo que permita a comunicación co exterior e / ou o almacenamento de información. 2. Identificación do estudante: O estudante deberá acreditar a súa personalidade segundo a normativa vixente. B) TIPOS DE CALIFICACION: 1. Calificación de non presentado: Corresponde ao alumno/a, cando só participa en actividades de avaliación que teñan unha ponderación inferior ao 20% sobre a cualificación final, independentemente da cualificación acadada. 2. Estudantes con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e despensa académica de exención de asistencia:A evaluación realizarase sobre os mesmos contidos e criterios de avaliación que os estudantes con dedicación a tempo completo. O principio do curso estes estudantes dirixiránse ó profesorado para fixar un calendario de actuacións específico acorde coa súa situación particular para deste xeito posibilitar a realización das distintas actividades de avaliación do curso. C) OPORTUNIDADES DE AVALIACIÓN: 1. Primeira oportunidade: A avaliación correspondente a primeira oportunidade farase a partires dunha proba de resposta múltiple (60%) e a presentación oral dos traballos (40%). No caso da proba de resposta múltiple, a data de realización será a fixada no calendario oficial para a primeira oportunidade. A presentación dos traballo realizarase durante o período lectivo do curso, de acordo co calendario fixado polo profesor para cada grupo. Para superar a asignatura haberá que acadar un mínimo de 5 puntos sobre 10 no cómputo global da avaliación, pero ademáis é condición sine qua non acadar 5 puntos sobre 10 na proba de resposta múltiple. De non acadarse este mínimo na proba de resposta múltiple, a asignatura estará suspensa, e a nota será a do examen. 2. Segunda oportunidade: No que atinxe a 2ª oportunidade de xullo a avaliación farase do mesmo xeito que para a 1ª oportunidade, tendo en conta o seguiente: 1º) aqueles estudantes que supenderon na 1º oportunidade, as notas acadadas nos traballos de presentación oral serán tidas en conta; 2º) os estudantes que non se presentaron a 1ª oportunidade e non fixeron os traballos poderán facelo. Para isto, o estudante dirixirase ó profesor coa suficiente antelación para indicarlle o seu desexo de realizar o traballo, o cal deberá ser entregado e presentado antes da data do exame oficial da segunda oportunidade. Para aprobar, igual que na 1º oportunidade, necesitarase acadar un mínimo de 5 puntos sobre 10 no cómputo global, pero ademáis é condición sine qua non acadar un mínimo de 5 puntos sobre 10 na proba de resposta múltiple. De non acadarse este mínimo na proba de resposta múltiple, a asignatura estará suspensa, e a nota será a obtida en dita proba. 3. Convocatoria adiantada: Os alumnos que se presenten a convocatoria adiantada, a avaliación só se fará a partires dunha proba de resposta múltiple e para aprobar necesitarase acadar un mínimo de 5 puntos sobre 10 D) OUTRAS OBSERVACIÓNS DE AVALIACIÓN: |