Datos Identificativos | 2022/23 | |||||||||||||
Asignatura | Dirección Estratéxica e Política Empresarial II | Código | 611G02033 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 1º cuadrimestre |
Cuarto | Obrigatoria | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Solución de problemas | A1 A2 A3 A4 A5 A6 A8 A9 A10 A11 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B10 C1 C4 C5 C6 C7 C8 | Mediante a formulación e a resolución de problemas, realizarase un seguimento continuo da aprendizaxe do alumnado por parte do profesor. O detalle dos distintos problemas a resolver ao longo do curso, así como os procesos para a súa resolución, serán detallados polo profesor durante as clases. A valoración da capacidade desenvolvida para a solución de problemas realizarase a través de probas de avaliación continua. | 50 |
Proba mixta | A1 A2 A3 A4 A5 A6 A8 A9 A10 A11 A12 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B10 C1 C4 C5 C6 C7 C8 | A proba final é proba mixta, que consistirá nunha combinación de preguntas tipo test e preguntas de resposta moi breve. |
50 |
Observacións avaliación | |||
A) NORMATIVA DE AVALIACIÓN: 1. Condicións de avaliación: o comportamento fraudulento en calquera dos apartados sometidos a valoración supoñerá a cualificación de cero puntos na avaliación final. 2. Identificación do estudante: o estudante ha de acreditar a súa personalidade de acordo coa normativa vixente. B) TIPOS DE CUALIFICACIÓN: 1. Cualificación de non presentado: corresponde ao alumno, cando só participe en actividades de avaliación que teñan unha ponderación inferior ao 20% sobre a cualificación final, con independencia da cualificación alcanzada. 2. Estudantes con recoñecemento de dedicación a tempoparcial e dispensa académica de exención de asistencia: os estudantes con recoñecemento de dedicación a tempo parcial serán avaliados cos mesmos criterios que os alumnos a tempo completo. C) OPORTUNIDADES DE AVALIACIÓN: 1. Primeira oportunidade: aplicaranse os criterios de avaliación anteriormente indicados no apartado de avaliación. 2. Segunda oportunidade: as condicións de avaliación da segunda oportunidade serán específicas para esta oportunidade. Esta será avaliada por medio dunha proba mixta ampla, que conterá tanto a parte A (proba mixta) como a B (solución de problemas) da avaliación, e que supoñerá o 100 % da cualificación final. 3. Convocatoria adiantada: as condicións de avaliación da oportunidade adiantada (art. 19 das Normas de Avaliación, Revisión e Reclamacións das Cualificacións dos Estudos de Grao e Mestrado Universitario) serán específicas para esta oportunidade. Esta será avaliada por medio dunha proba mixta ampla, que conterá tanto a parte A (proba mixta) como a B (solución de problemas) da avaliación, e que supoñerá o 100 % da cualificación final. D) OUTRAS OBSERVACIÓNS DE AVALIACIÓN: Participación nas sesións. Utilización do material de estudo proporcionado (temas e modelos de simulación) e da bibliografía recomendada no programa. Resolver sempre todas as dúbidas que xurdan durante o desenvolvemento das sesións, recorrendo á atención personalizada cando fose necesario. Avaliación: A.-Exame (proba mixta final): 50% da cualificación. B.-Avaliación continua (solución de problemas): 50% da cualificación. Na parte A (proba mixta final) será necesaria unha nota mínima de 1.5 sobre 5 para poder superar a materia. A nota agregada (A+ B) deberá ser igual ou superior a 5 puntos sobre 10 para poder superar a materia. Calquera cualificación inferior a 5 comportará o suspenso na materia. No caso de que non se supere o 1.5 na proba mixta final (parte A), a nota resultante será o mínimo entre 4.5 e a suma das dúas notas (parte A e parte B). |