Datos Identificativos | 2022/23 | |||||||||||||
Asignatura | Dereito da Contratación | Código | 612G01024 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
1º e 2º Ciclo | 1º cuadrimestre |
Terceiro | Obrigatoria | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Estudo de casos | A2 A4 A8 A9 A10 A11 A14 B8 B9 B10 B2 B3 B5 C3 | Resolución de supostos practicos en aplicación dos coñecementos adquiridos. | 30 |
Proba obxectiva | A1 A2 A3 A5 A7 B6 B7 B11 C4 | Proba tipo test que levará a cabo o alumno como unha das formas de evaluación global dos coñecementos adquiridos. | 70 |
Observacións avaliación | |||
O exame será tipo test e terá: 30 preguntas de Dereito civil; 10 preguntas de Dereito administrativo; 10 preguntas de Dereito mercantil; 10 preguntas de Dereito internacional privado. Cada pregunta terá catro respostas; unha soa será a resposta correcta. As preguntas correctas suman 0,5 pts. e as preguntas incorrectas restan 0,20 pts. A nota final da asignatura Dereito da contratación se obterá a partir da ponderación das notas finais obtidas en cada unha das catro materias, en atención a seguinte proporción: Dereito civil suporá un 55%, e o outro 45% se repartirá a partes iguais entre as outras tres materias (Dereito mercantil, Dereito internacional privado e Dereito administrativo). Para poder aprobar a asignatura é necesario superar cada unha das catro materias que a integran (e dicir en Dereito civil hay que obter, ó menos, 2.75 puntos e nas outras tres materias hay que alcanzar, ó menos, 0.75 puntos). En caso de non superar algunha das materias na primeira oportunidade, manterase o aprobado nas partes superadas para a segunda oportunidade. Dese modo, o alumno/a só realizará o exame da segunda oportunidade en relación ás materias que non superase na primeira. Independentemente da cualificación obtida, será preciso aprobar tanto a avaliación continua como o exame para poder aprobar a parte de Dereito internacional privado. A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso "0" na materia na oportunidade correspondente. Avaliación do “alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia”: o estudantado nesta situación porase en contacto co profesor/es por correo electrónico para ir entregando ou realizando as prácticas da asignatura por medios compatibles coa súa situación (correo electrónico ou Teams). Estas prácticas terán un valor do 30% da nota, e o exame final dun 70%. O mesmo sistema seguirase para a segunda oportunidade. |