Datos Identificativos | 2022/23 | |||||||||||||
Asignatura | Literatura e Espectáculo | Código | 613584107 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Mestrado Oficial | 1º cuadrimestre |
Primeiro | Obrigatoria | 3 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Descrición |
Traballos tutelados | O alumnado realizará individualmente un traballo de investigación -orixinal, rigoroso e de extensión limitada-, ora de adaptación dramatúrxica, ora de análise da adaptación ao audiovisual dun texto literario. Nas primeiras sesións serán determinadas tanto a data de comunicación do tema e ponderación co profesor e os compañeiros das estratexias de elaboración -nun espazo de traballo colaborativo en liña-, como a de incorporación ao espazo virtual colaborativo da versión definitiva. |
Lecturas | Será preciso realizar nos prazos determinados unha serie de lecturas básicas, así como as necesarias para a elaboración do traballo. |
Eventos científicos e/ou divulgativos | Acompañarase, presencialmente ou através de ferramentas de comunicación asíncrona, eventos científicos e divulgativos relacionados cos contidos da materia. |
Presentación oral | Destinaranse as sesións presenciais pertinentes á presentación oral dos traballos individuais tutelados, destinando uns minutos ás preguntas e retroalimentación dos mesmos por parte dos compañeiros. |
Sesión maxistral | Destinarase media hora das catro primeiras sesións á exposición e desambiguación dos conceptos teóricos por parte do docente. |
Proba mixta | A proba mixta desenvolverase como discusión dirixidas. As sesións presenciais consistirán principalmente na realización síncrona destas discusións, tuteladas polo docente, en que o alumnado deberá participar activamente. Previamente, as/os estudantes terán que preparar as discusións mediante a lectura dos artigos especializados indicados con suficiente antelación. Tamén se realizarán discusións dirixidas asíncronas, através do espazo de traballo colaborativo en liña. |