Datos Identificativos | 2022/23 | |||||||||||||
Asignatura | Literatura e Xénero (Ámbito Galego-Portugués) | Código | 613584118 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Mestrado Oficial | 2º cuadrimestre |
Primeiro | Optativa | 3 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Descrición |
Lecturas | Será preciso realizar para cada sesión e nos prazos determinados unha serie de lecturas básicas. Estas serán avaliadas a través dos comentarios e das intervencións do alumnado na aula e no encontro científico. |
Sesión maxistral | Exposición da profesora co fin de introducir o contexto teórico e cultural do tema correspondente, así como os fundamentos teóricos e metodolóxicos da materia. |
Traballos tutelados | Cada estudante terá que realizar un traballo final obrigatorio sobre algún aspecto relacionado co temario, que terá o formato dun breve ensaio e cuxo tema e orientación requirirán o visto e prace da profesora en sesións de seguimento. |
Obradoiro | Nas sesións presenciais alternaranse as leccións maxistrais coas sesións interactivas, nas que a participación do estudantado será fundamental. Levaranse a cabo actividades de diverso tipo: discusións dirixidas, comentario de textos. Todas elas terán como punto de partida fundamental as lecturas indicadas previamente pola profesora. |
Eventos científicos e/ou divulgativos | Ao longo do curso será recibido un/unha investigador/a externo cuxa visita será preparada colectiva e individualmente para realizarmos un encontro científico fructífero. |