Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Aprendizaxe colaborativa A9 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B8 C1 C3 C4 C5 C6 C7 C8 Avaliarase en distintos apartados.
A porcentaxe reflectida non se corresponde coa real: véxanse as observacións á avaliación.
15
Sesión maxistral A1 A2 A3 A4 A5 A6 A7 A8 B1 B2 B3 B4 B6 B7 B10 C5 C6 Avaliarase en distintos apartados.
A porcentaxe reflectida non se corresponde coa real: véxanse as observacións á avaliación.
5
Traballos tutelados A1 A2 A3 A4 A5 A6 A7 A9 A10 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B10 C3 C5 Traballo individual tutelado polo profesor no que o/a estudante aplicará o aprendido na materia. O tema será acordado co profesor. 40
Lecturas A1 A2 A3 A4 A5 A6 A7 A8 A9 B1 B3 B5 B6 B7 C1 C2 C4 C6 C7 C8 Avaliarase en distintos apartados.
A porcentaxe reflectida non se corresponde coa real: véxanse as observacións á avaliación.
5
Prácticas a través de TIC A1 A3 A4 A9 A10 B2 B8 C3 C5 C6 C7 C8 Avaliarase en distintos apartados.
A porcentaxe reflectida non se corresponde coa real: véxanse as observacións á avaliación.
15
Proba obxectiva A1 A2 A3 A4 A7 A8 A9 A10 B1 B2 B3 B4 B6 B10 C1 C2 C4 C6 C7 C8 O/a estudante só poderá optar por esta posibilidade na segunda oportunidade, en substitución do traballo tutelado. A porcentaxe reflectida non se corresponde coa real: véxanse as observacións á avaliación. 5
Obradoiro A1 A2 A3 A4 A5 A6 A9 A10 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B10 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 Avaliarase en distintos apartados.
A porcentaxe reflectida non se corresponde coa real: véxanse as observacións á avaliación.
15
 
Observacións avaliación

As porcentaxes aportadas arriba non responden á distribución real, e deberon ser incluídas por esixencias da aplicación.

1. A cualificación final do estudante na primeira oportunidade responderá á seguinte distribución:

1.1. Un 35% responderá ao/s traballo/s tutelado/s individual/es que debe realizar, incluíndo a súa posible exposición e defensa, e mesmo aos materiais desenvolvidos para achegarlles os contidos aos demais participantes no curso. Non se poderá superar a materia sen realizar este/s traballo/s: serán un ou dous.

1.2. Un 55% responderá ás actividades e tarefas avaliables encomendadas ao longo do curso (individuais e grupais, presenciais e non presenciais: serán entre tres e cinco) e que sexan recollidas e puntuadas polo profesor. Estas actividades terán un peso maior ou menor na cualificación dependendo da súa dificultade ou da dedicación que esixan.

1.3. Un 10% responderá á participación do estudante no desenvolvemento da materia, é dicir, nas aulas presenciais, nas non presenciais e no traballo fóra delas.

1.4. Superará
a materia
quen teña unha cualificación global mínima de 5.00 puntos, sempre que realizara polo menos o(s) trabajo(s) tutelado(s) e a metade das actividades e tarefas avaliables. Recibirá a cualificación de Non Presentado (N.P.) quen aportara menos do 40% da súa cualificación global.

1.5. Quen teña unha dispensa académica oficial, poderá substituír as tarefas avaliables que requiran a presencia na aula por outras actividades ou por unha proba mixta que realizará o día do exame oficial da materia. Será o profesor quen o decida atendendo ao carácter das tarefas e ás condicións específicas do/a estudante.

1.6. Os prazos de entrega comunicaranse co encargo de cada tarefa: todas as actividades e traballos entregaranse durante o período de aulas da materia; o prazo de entrega da última tarefa finalizará, como moi tarde, aos sete días da última aula presencial.

1.7. A materia
poderá ser adaptada para o estudantado que precise medidas de apoio á diversidade (física, visual, auditiva, cognitiva,
de aprendizaxe ou relacionada coa saúde mental). O/a estudante
que se atope nesta situación debe contactar cos servizos dispoñibles na UDC ou no centro nos prazos oficiais marcados antes de cada cuadrimestre académico: (i) na UDC, a Unidade de Atención á Diversidade (https://www.udc.es/cufie/ADI/apoioalumnado/); (ii) no centro, a Titora ADI da Facultade de Filoloxía (pat.filoloxia@udc.gal).

2. Quen non superara a materia, disporá dunha segunda oportunidade no mes de xullo. Nela conservaránselle as cualificacións de actividades superadas. O/a estudante ten dúas opcións:

Opción A. Realizar os traballos e actividades non entregados ou non superados na primeira oportunidade: pode ter que realizar as mesmas ou unhas substitutivas que lle indicará o profesor. A distribución porcentual para obter a cualificación final será igual á da primeira oportunidade. O prazo de entrega finaliza na data e hora oficiais establecidas para a proba obxectiva. Esta opción aplicarase por defecto.
Opción B. Realizar as actividades non entregadas ou non superadas na primeira oportunidade (55%), e unha proba obxectiva (na data oficial establecida) que substitúe o/s traballo/s titorizado/s (35%). Esta opción é extraordinaria e só se aplicará se están de acordo profesor e estudante: será o profesor quen a autorice ou recomente, tras a avaliación da primeira oportunidade, se considera que as circunstancias específicas do/a estudante o aconsellan.

Nas dúas opcións, se o/a estudante ten suspensa a parte de participación (10%, apartado 1.3), esta non computará, e cada unha das outras dúas gañará un 5% de peso na cualificación final.

Estas opcións son tamén de aplicación aos/ás estudantes con dispensa académica oficial.

3. Na oportunidade de avaliación adiantada, o estudante será avaliado exclusivamente mediante unha proba mixta de carácter teórico-práctico, pola que obterá o 100% da cualificación.

4. Uso de ferramentas antiplaxio. O profesor/a poderá utilizar ferramentas de busca e anticopia (entre
elas Turnitin) para detectar plaxios nos materiais que desenvolvan os/as
estudantes durante o curso. De atopar coincidencias que exceden o
razoable, terá consecuencias na súa cualificación, podendo mesmo non
recibir puntuación algunha polo traballo afectado ou mesmo a cualificación global de suspenso na materia.