Traballos tutelados |
Cada estudante deberá elaborar un traballo dirixido polo profesor e elixido entre un abano temático presentado no inicio do curso. Con este traballo, de que derivará unha presentación oral, preténdese fomentar a aprendizaxe autónoma e o manexo de fontes documentais de diverso tipo. |
Obradoiro |
Nestas sesións, o conxunto do alumnado realizará actividades de diferente tipoloxía destinadas á consolidación dos contidos presentados nas sesións maxistrais, ben como das destrezas e das estratexias relacionadas cos obxectivos e contidos da materia. |
Discusión dirixida |
O alumnado discute de forma libre, informal e espontánea sobre un tema relacionado coa materia, ora presencialmente ora de maneira asíncrona (a través da plataforma de traballo colaborativo da UDC). Entre os temas de discusión incluiranse diversos aspectos das lecturas obrigatorias, segundo a distribución feita polo profesor. |