Datos Identificativos | 2022/23 | |||||||||||||
Asignatura | Comunicación escrita | Código | 613836053 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Mestrado Oficial | 2º cuadrimestre |
Primeiro | Optativa | 3 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Obradoiro | B4 B8 C1 C3 C5 C7 | O 50% da cualificación desta materia analízase en dous conceptos: o 10% por asistencia e participación nas clases, por unha parte, e o 40% por as diferentes actividades, por outra. No taller realizaranse diversas actividades prácticas orientadas á aplicación de aprendizaxes que o alumno adquirirá ao longo do curso. Valorarase o manexo das técnicas e estratexias da comunicación escrita, a coherencia dos textos, a cohesión e a corrección idiomática, entre outros aspectos. |
50 |
Traballos tutelados | A7 A10 B1 B2 B3 B5 B6 B7 B8 B10 C3 C6 C7 C8 | Trátase dun traballo escrito individual relacionado coa materia. Será obligatorio o seguimento por parte do profesor. Valoraranse os coñecementos, habilidades e competencias adquiridas, isto é: o correcto e completo manexo das fontes; a capacidade do alumno para levar á práctica os fundamentos teóricos aprendidos; a orixinalidade e a creatividade; a autonomía no traballo, e a capacidade para planificar e xestionar o traballo con autonomía e eficacia. Tamén, valoraranse a corrección idiomática, a estruturación da información (en definitiva, a coherencia do texto final) e a cohesión. |
50 |
Observacións avaliación | |||
1. Na segunda oportunidade a avaliación consistirá nun traballo tutelado (50 %) e outras actividades como as incluídas no apartado "Obradoiro" (50 %). Gardarase a nota das actividades comprendidas en "Obradoiro" no seu conxunto, ou do traballo tutelado que xa foron aprobados na primeira oportunidade. 3. Na convocatoria adiantada de decembro a avaliación consistirá nuna actividade teórico-práctica proposta con antelación polo docente. 4. Calquera falta de honradez académica (plaxio, é dicir, utilización de textos ou ideas doutros autores sin indicar a procedencia, copiar traballos, ou outras formas) penalizarase coa aplicación do establecido na normativa académica respecto diso. Compre sinalar que a Xunta de Facultade aprobou o uso da aplicación "Turnitin" por parte do profesorado. Esta ferramenta permite detectar textos ou porcións procedentes doutros textos e sinalar a súa procedencia. Pode recoñecer traballos previamente presentados nesta ou noutras universidades. 5. Cualificarase como «NP» (non presentado) a 6. A materia poderá ser adaptada ao estudantado que precise da adopción de medidas encamiñadas ao apoio á diversidade. De ser o caso, deberán contactar cos servizos disponíbeis na UDC/no Centro: nos prazos oficiais estipulados de maneira previa a cada cuatrimestre académico, coa Unidade de Atención á Diversidade (https://www.udc.es/cufie/ADI/apoioalumnado/); no seu defecto, coa Titora ADI da Facultade de Filoloxía (no seguinte enderezo electrónico: pat.filoloxia@udc.gal). Alumnos con dispensa académica de exención de asistencia Deben informar ao docente da súa condición ao comezo do cuadrimestre. Os procedimentos e porcentaxes de avaliación serán os seguintes: -Traballo tutelado (50 %): coas mesmas características que para o resto dos alumnos. -Outras actividades (50 %): proporanse específicamente para estes alumnos. As titorías concertaranse por correo electrónico e realizaranse en horas adecuadas tanto para o alumno como para a profesora. Estes alumnos deben estar especialmente pendentes da comunicación a través do Campus Virtual e do correo electrónico. |