Datos Identificativos | 2022/23 | |||||||||||||
Asignatura | Lingua e Cultura Clásica | Código | 613G01006 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 2º cuadrimestre |
Primeiro | Formación básica | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Lecturas | A13 B8 | O estudante dará conta das lecturas obrigatorias que fosen propostas polo profesor mediante un control de lectura. | 10 |
Análise de fontes documentais | A1 A2 A11 B5 B7 C3 | Un 40% da calificación final resultará dos exercicios prácticos (de análise lingüística, de comentario literario de textos, etc) propostos aos estudantes durante as sesións prácticas ou de xeito autónomo. | 40 |
Proba obxectiva | A23 B1 B6 | O estudante efectuará dúas probas: unha en metade do cuatrimestre, sobre cuestións de lingua (cinco primeiros temas) e outra a fins do cuatrimestre, sobre cuestións de literatura (cinco últimos temas) | 50 |
Observacións avaliación | |||
As actividades presentadas por escrito, incluidas as probas finais, deben cumprir cos oportunos estándares de corrección lingüística, estar redactadas de maneira clara e carecer de faltas de ortografía. O non cumprimento destas condicións será tido en conta negativamente na puntuación da proba respectiva. A cualificación mínima para aprobar a materia, resultado da suma das puntuacións acadadas polas distintas actividades de avaliación programadas, será de 5. Os estudantes que non aprobasen a materia na oportunidade de xunio farán en xullo unha única proba obxectiva de carácter teórico-práctico sobre cuestións de lingua e de literatura, cuxo contido se limitará a aquelas partes que non tivesen superado previamente. De non realizar as dúas probas obxectivas previstas o estudante será cualificado como Non Presentado. A avaliación da convocatoria extraordinaria de decembro consistirá nunha única proba obxectiva de carácter teórico-práctico sobre contidos de lingua e de literatura. Calquera falta de honradez académica (plaxio, copiar en exames, etc.) penalizarase de acordo co establecido nas "Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario" artículo 14). A materia poderá ser adaptada ao estudantado que precise da adopción de medidas encamiñadas ao apoio á diversidade (física, visual, auditiva, cognitiva, de aprendizaxe ou relacionada coa saúde mental). De ser o caso, deberán contactar cos servizos disponíbeis na UDC/no Centro: nos prazos oficiais estipulados de maneira previa a cada cuatrimestre académico, coa Unidade de Atención á Diversidade (https://www.udc.es/cufie/ADI/apoioalumnado/); no seu defecto, coa Titora ADI da Facultade de Filoloxía (no seguinte enderezo electrónico: pat.filoloxia@udc.gal). |