Datos Identificativos | 2022/23 | |||||||||||||
Asignatura | Historia | Código | 613G01009 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 2º cuadrimestre |
Primeiro | Formación básica | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Obradoiro | A1 A2 A10 | Comentario e debate na aula da novela Los Pazos de Ulloa, de Pardo Bazán. A participación do alumnado presupón a lectura previa dos capítulos que se comentarán no correspondente obradoiro, cada venres. Deberán asistir ao obradoiro todos os alumnos matriculados, agás nos casos de dispensa académica e, se así o desexan, os repetidores, que terán que entregar o traballo escrito que se indica en Observacións á avaliación | 20 |
Proba obxectiva | A11 C7 | Proba escrita (tipo test) para a avaliación da aprendizaxe. Versará sobre os contidos teóricos e prácticos estudados no curso e recollidos no temario da materia. |
50 |
Discusión dirixida | A11 B1 B3 B4 B5 B7 B8 B10 C1 C4 C6 | Debate na aula na base do exposto nas sesións maxistrais e dos materiais (preferentemente textos)previamente distribuídos polo profesor e traballados polo alumno en horas non presenciais. Deberán participar todos os alumnos (agás aqueles con dispensa académica e os repetidores con incompatibilidade horaria), o que implica a asistencia obrigatoria ás sesións interactivas. Valorizaranse as intervencións do alumnado na clase interactiva. Poderanse facer controis de asistencia a estas clases. No apartado de Observacións á Avaliación indícase o traballo que sustitúe a asistencia ás clases interactivas no caso de repetidores ou de alumnos con dispensa académica. |
30 |
Observacións avaliación | |||
1. É obrigatorio ter entregado en tempo e forma as actividades que computan na avaliación. 2. As actividades e probas que computan para a nota final e que fosen aprobadas na 3. Serán cualificados cun Non Presentado (PN) os alumnos que non asistan ao exame final escrito (proba obxectiva). 4. As faltas de ortografía (grallas) e/ou incorreccións léxico-gramaticais poderán supor unha diminución da nota. 5. Todos os alumnos matriculados na materia (incluídos os repetidores e os de dispensa académica) deben entregar unha ficha impresa con foto actualizada ao profesor coordinador, a fin de facilitar o seguimento e consigna das súas actividades na aula ou fóra dela. 6. A materia poderá ser 7. Os alumnos en situación de matrícula a tempo parcial (dispensa académica) e os alumnos repetidores que non asistan ao obradoiro (venres) presentarán un resumo, capítulo a capítulo, cun comentario persoal ao final, da novela Los Pazos de Ulloa, de Emilia Pardo Bazán. O traballo, presentado en papel (NON dixitalizado) ao profesor coordinador da asignatura (J.M. Vázquez Lijó), terá as seguintes características: 7 folios (tamaño estándar A4) de extensión, dos que 5 serán de resumo e 2 de comentario persoal (non conta a páxina de cuberta do traballo, co nome do alumno e o título do libro); letra Times New Roman 12; interlineado 1,5. A data límite para entregar o traballo será o 15 de abril de 2023. Este traballo substitutivo computará o 20% da nota final. 8. Os alumnos en situación de matrícula a tempo parcial (dispensa académica) e os alumnos repetidores que non poidan asistir ás clases interactivas (discusión dirixida) deberán facer a recensión bibliográfica do seguinte libro: ÁLVAREZ JUNCO, José e FUENTE MONGE, Gregorio de la (2017), El relato nacional: historia de la historia de España, Madrid, Taurus. O traballo, presentado en papel (NON dixitalizado) ao profesor coordinador da asignatura (J.M. Vázquez Lijó), terá estas características: 8 folios (tamaño estándar A4) de extensión, dos que 6 serán de resumo e 2 de comentario persoal (non conta a páxina de cuberta do traballo, co nome do alumno e o título do libro); letra Times New Roman 12; interlineado 1,5. A data límite para entregar o traballo será o 15 de abril de 2023. Este traballo substitutivo computará o 30% da nota final. 9. Posibilidades ofrecidas ao alumnado para RECUPERAR partes suspensas 9.1. Proba obxectiva: todos os estudantes (incluidos os de dispensa académica e os repetidores) deberán superar un novo exame tipo test a realizar na data fixada no calendario académico (2ª oportunidade: xullo) 9.2. Interactividade (clases dos mércores) 9.2.1. presentar na data fixada no calendario académico (2ª oportunidade: xullo) a recensión do libro de ÁLVAREZ JUNCO coas mesmas características formais sinaladas no punto 8 destas Observacións 9.2.2. No caso de alumnos con dispensa académica ou repetidores entregar (se non se fixera na 1ª convocatoria ata o 15 de abril) ou mellorar a devandita recensión do libro de ÁLVAREZ JUNCO coas mesmas características formais sinaladas no punto 8 destas Observacións 9.3. Obradoiro (clases dos venres) 9.3.1. presentar na data fixada no calendario académico (2ª oportunidade: xullo) o resumo-comentario persoal da obra Los Pazos de Ulloa, coas mesmas características formais sinaladas no punto 7 destas Observacións 9.3.2. No caso de alumnos con dispensa académica ou repetidores entregar (se non se fixera na 1ª convocatoria ata o 15 de abril) ou mellorar o resumo-comentario persoal da obra Los Pazos de Ulloa, coas mesmas características formais sinaladas no punto 7 destas Observacións 10. Os alumnos presentados á convocatoria extraordinaria de decembro concorren nas mesmas condicións sinaladas para a segunda oportunidade. |