Datos Identificativos | 2022/23 | |||||||||||||
Asignatura | Cultura e Civilización dos Países de Fala Inglesa | Código | 613G03022 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 1º cuadrimestre |
Terceiro | Obrigatoria | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Investigación (Proxecto de investigación) | A6 A18 B1 B6 C3 | -Os alumnos realizarán un proxecto por parellas (só en casos excepcionais e coa autorización do profesorado podería realizarse individualmente). -O proxecto consistirá nunha análise crítica e unha avaliación da contribución positiva e/ou negativa dun acontecemento ou unha persoa (non viva) á sociedade e ás culturas de fala inglesa. Non se trata dunha mini-biografía, listaxe de logros, folleto de tipo turístico/histórico, etc. (como en Wikpedia), -O proxecto consistirá en (i) unha presentación oral (en clase) en datas que se anunciarán en Moodle; (ii) un resumo de 500 palabras, con 5 palabras crave, bibliografía e recursos dixitais consultados; (iii) unha versión impresa da presentación en Powerpoint. Instrucións específicas en clase e en Moodle. -O alumnado queda avisado de que a facultade dispón dunha ferramenta informática (Turnitin) para detectar plaxio (é dicir, copiar o traballo doutros en parte, ou enteiramente), ademais de detectar se un traballo xa foi entregado como parte doutra materia polo mesmo estudante. O plaxio implicará un 0 nesta parte da avaliación. |
30 |
Proba mixta | A2 A11 B7 | Proba escrita: respostas breves; redacción de pequenos comentarios; identificación de elementos significativos, obxectos, documentos históricos e culturais, cadros, trazos xeográficos. | 40 |
Prácticas a través de TIC | B3 C3 | Nas sesións interactivas, o alumnado traballará na análise e avaliación crítica de fontes primarias e secundarias procedentes de Internet. Entregaranse dous traballos escritos (30%). Os temas e as datas en Moodle. A entrega tardía penalizarase. O plaxio, que inclúe cortar e pegar, implicará un 0 nesta parte da avaliación. |
30 |
Observacións avaliación | |||
|