Datos Identificativos | 2022/23 | |||||||||||||
Asignatura | Idioma Moderno 2: Francés | Código | 613G03029 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 1º cuadrimestre |
Terceiro | Optativa | 4.5 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Descrición |
Actividades iniciais | Primeira toma de contacto coa materia, na que se desenvolven actividades destinadas a obter información relevante sobre o alumnado e sobre as súas competencias de partida, co fin de articular a docencia de xeito que se favorezan aprendizaxes eficaces e significativas, que partan dos saberes previos e intereses do alumnado. |
Solución de problemas | Nesta materia chámase solución de problemas as aulas e actividades relacionadas coa gramática, o léxico e coa práctica da comprensión lectora e da expresión escrita. A realización e o aproveitamento destas actividades é fundamental nesta materia, pois é nelas onde se aplican efectivamente as destrezas e os coñecementos adquiridos. Ademáis das actividades que se leven a cabo durante as clases, normalmente por cada sesión presencial de clase o alumnado deberá realizar unha actividade non presencial (exercicios de gramática, redaccións, resumos, traducións...). No apartado Observacións da avaliación desta guía pode consultarse a porcentaxe outorgada a esta metodoloxía na avaliación final da materia, así como outras indicacións importantes. |
Discusión dirixida | Nesta materia chámase discusión dirixida as aulas e actividades relacionadas coa práctica das destrezas orais (expresión oral, comprensión oral e interacción oral). Os contidos gramaticais e o léxico intégranse asimesmo nesta metodoloxía. A realización e o aproveitamento destas actividades é fundamental nesta materia, pois é nelas onde se aplican efectivamente as destrezas e os coñecementos adquiridos. Ademáis das actividades que se leven a cabo durante as clases, normalmente por cada sesión presencial de clase o alumnado deberá realizar unha actividade non presencial. No apartado Observacións da avaliación desta guía pode consultarse a porcentaxe outorgada a esta metodoloxía na avaliación final da materia, así como outras indicacións importantes. |
Lecturas | Ademáis da lectura de textos (literarios, de revistas, de xornais...) nesta materia entendemos por lectura todo o material que o alumnado deberá ler/consultar fóra da aula para a adquisición e asimilación dos contidos e para a realización das actividades da materia. |
Proba obxectiva | Proba escrita utilizada para a avaliación da aprendizaxe. Permitirá avaliar coñecementos, capacidades, destrezas, rendemento, aptitudes, actitudes, etc. Esta proba obxectiva combinará distintas tipoloxías de preguntas. No apartado Observacións da avaliación desta guía pode consultarse a porcentaxe outorgada a esta metodoloxía na avaliación final da materia, así como outras indicacións importantes. |
Proba oral | Proba en que se avalían as competencias comunicativas do alumnado (expresión, comprensión e interacción oral), mediante unha conversa ou entrevista coa profesora, individualmente ou en parellas con outras-os estudantes. Durante a proba poderanse utilizar textos ou material audiovisual de apoio para suxerir distintas situacións comunicativas. No apartado Observacións da avaliación desta guía pode consultarse a porcentaxe outorgada a esta metodoloxía na avaliación final da materia, así como outras indicacións importantes. |