Datos Identificativos | 2022/23 | |||||||||||||
Asignatura | Literatura Irlandesa | Código | 613G03046 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 2º cuadrimestre |
Cuarto | Optativa | 4.5 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Proba obxectiva | A1 A6 B3 C2 | Pedirase aos estudantes que realicen unha proba final (dividida en dúas partes) con preguntas obxectivas, teóricas e prácticas, sobre o conxunto da materia, na que os estudantes deben demostrar o seu dominio dos contidos e habilidades relacionadas coas clases expositivas ou interactivas. IMPORTANTE: Unha nota mínima de 4/10 é obrigatoria a partir de cada unha das probas para que a nota poida ser engadida á cualificación global xunto coas demais actividades. | 50 |
Obradoiro | A1 A6 A9 A10 A11 A17 B1 B4 B5 B8 C2 | Traballo desenvolvido nos seminarios ao longo do curso coa participación directa dos alumnos. Neste apartado avalíase a participación, a calidade da expresión oral e máis escrita en inglés, actividades e/ou exercicios desenvolvidos na aula ou a distancia, e o aproveitamento da asistencia, no seu caso. | 20 |
Proba práctica | A6 A16 B1 B2 B3 B8 B10 C2 C3 | Exames ou probas orais ou escritas sobre as lecturas do curso. O profesor poderá decidir a realización de presentacións orais para algúns (ou todos) dos estudantes individuais, como un complemento, non para substituír os exames ou probas.Se o profesor o decide, os ensaios prácticos sobre unha obra (novela contemporánea, etc) concreta estarán sometidos a unha breve presentación oral, entre 15 e 20 minutos, de xeito individual. | 30 |
Observacións avaliación | |||
Na avaliación de xullo os estudantes presentarán un ensaio ou outras actividades, como a presentación oral baseada nas lecturas, e exercicios solicitados sobre os profesores sobre os estudos teóricos e/ou os textos (50%), segundo a decisión do profesor, e pasarán un exame (50%). Na avaliación de xuño, os estudantes que non asistan ao exame durante o curso terán a cualificación de "non Presentado". Requírese unha nota de 4 como mínimo en cada unha das partes do examen para proceder á suma final. IMPORTANTE: os estudantes a tempo parcial ou cun permiso especial deben contactar obrigatoriamente co profesor ao comezo do curso co fin de planificar cada situación individual e os cambios necesarios para compensar as porcentaxes resultantes do traballo do seminario e a participación, a lectura e os traballos supervisados.Os ensaios, traballos ou actividades, no seu caso, incluíndo os que se realicen durante o curso en clase e fóra dela, nos que se comprobe e justifique a existencia de plaxio (copia), de fontes calquera, total ou parcial, serán cualificados invariablemente coa cualificación de 0.0 puntos, como sinala a normativa respecto diso. Os alumnos que non se presenten ao exame escrito, en xullo ou xuño, recibirán a cualificación de NON PRESENTADO. Máis sobre os plaxios Nesta asignatura podería empregarse a ferramenta Turnitin na avaliación dos traballos e as actividades. Atendendo ás recomendacións da Xunta de Facultade, engádese o seguinte texto que deberá ser tido en conta polos estudantes: Turnitin é unha aplicación de uso para o profesorado coa finalidade de revisar porcións de texto procedentes doutros textos e sinalar a súa procedencia. Esta ferramenta pode recoñecer traballos previamente presentados nesta ou noutras universidades, incluso do mesmo estudante. Se esta circunstancia acontecese entenderase como contraria á honestidade académica e aplicarase a Normativa académica de evaluaciones, de calificaciones y de reclamaciones na avaliación. Diversidade: A materia poderá ser adaptada ao estudantado que precise da adopción de medidas encamiñadas ao apoio á diversidade (física, visual, auditiva, cognitiva, de aprendizaxe ou relacionada coa saúde mental). De ser o caso, deberán contactar cos servizos disponíbeis na UDC/no Centro: nos prazos oficiais estipulados de maneir previa a cada cuatrimestre académico, co a Unidade de Atención á Diversidade ( https://www.udc.es/cufie/ADI/apoioalumnado/ );no seu defecto, coa Titora ADI da Facultade de Filoloxía (no seguinte enderezo electrónico: pat.filoloxia@udc.gal ). |