A avaliación da materia constará de dous partes diferenciadas:
teoría (50%) e traballos prácticos (50%). A parte teórica será avaliada
mediante un exame que poderá consistir nun traballo de análise de bibliografía
científica relacionada co temario da materia, presentado oralmente o día do
exame final. A parte práctica avaliarase a partir da media das memorias
presentadas ao final de cada práctica. Será necesario aprobar a parte de teoría
e a de prácticas por separado para poder aprobar a materia.
A asistencia tanto ás clases teóricas como prácticas será obrigatoria
para o aprobado da materia excepto en casos de ausencia xustificados. Para
aqueles alumnos que teñan dispensa, o sistema de avaliación será o mesmo aínda
que que non terán obrigación de asistir ás clases teóricas.
Avaliación de segunda oportunidade: Os alumnos deberán recuperar
cada parte suspensa (teoría e-ou prácticas). Se unha das dúas partes foi
aprobada durante a primeira oportunidade, o alumno poderá optar por gardar a
nota correspondente e só recuperar a parte suspensa.
Os alumnos serán avaliados como "non presentado" cando
non presenten o traballo de análise de teoría ou algunha das memorias de
prácticas.
As competencias propias da materia así como as competencias
xerais-básicas teñen contidos específicos na materia que se introducen, como se
indicou, tanto nas clases expositivas como nas interactivas. Posteriormente o
alumnado desenvolverá estas competencias no exame teórico e coa realización dos
traballos prácticos nos que tamén traballará as competencias transversais en
especial no que se refire á capacidade para utilizar ferramentas TIC (CT3), a
comprensión da cultura emprendedora (CT5), a capacidade para traballar en
equipo (CT7) e a valorización da investigación e a innovación (CT8). As
competencias específicas serán obxecto de avaliación tanto nos traballos
prácticos que o alumno desenvolva durante a materia como no exame teórico.
Para os
casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o
establecido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes
e de revisión das cualificacións”.