Datos Identificativos | 2022/23 | |||||||||||||
Asignatura | Álxebra | Código | 614G01010 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 2º cuadrimestre |
Primeiro | Formación básica | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Descrición |
Sesión maxistral | A través da plataforma virtual da universidade, porase a disposición do alumnado a información detallada dos contidos de cada tema co fin de que cada alumno/a configure, segundo o seu criterio e necesidades, o material adecuado para o seguimento e comprensión da materia, para iso poderá facer uso da bibliografía recomendada e/ou material dispoñible na rede. As clases teóricas son presenciais na aula, salvo nun grupo que serán online a través da plataforma Teams (de forma síncrona e/ou asíncrona). As clases prácticas permiten ampliar os exemplos realizados despois das explicacións teóricas. O ritmo de traballo será o adecuado para a total comprensión dos contidos co fin de lograr os obxectivos propostos Nas clases búscase unha presentación das técnicas formais por medio de exemplos, con énfases en cálculos concretos e na natureza algorítmica dalgunhas delas. Perseguirase que os alumnos sexan capaces de obter conclusións do resultado estudados, tentando motivar aos alumnos para que participen e sexan capaces de inferir conclusións que poidan resultar máis ou menos evidentes. |
Prácticas de laboratorio | Ó inicio de cada un dos temas facilítase os alumnos un boletín de exercicios propostos relacionados cos contidos teóricos explicados nas clases de teoría. Nas sesións prácticas preténdese: I) incentivar ó alumno mediante a resolución de exercicios, coa axuda do profesor, para reforzar a comprensión dos conceptos estudados, II) fomentar a resolución razoada dos exercicios, evitando a utilización de "receitas". Dependendo do tema e dos recursos dispoñibles, formularanse traballos con programas informáticos que reforcen os conceptos traballados en clases teóricas e de exercicios. Xunto co boletín de exercicios indicaranse aos estudantes os obxectivos ou resultados de aprendizaxe que deben conseguir ó finalizar o tema. |
Proba obxectiva | Realizarase un exame escrito que consistirá nunha colección de cuestións teóricas e/ou de problemas (do mesmo tipo que os propostos nos seminarios(TGR) e nos boletíns de exercicios). |
Aprendizaxe colaborativa | Ó longo do curso dedicaranse dez horas aproximadamente para que os alumnos formulen as dúbidas sobre os conceptos, exercicios e procedementos vistos nas sesións de teoría e problemas. Así mesmo pódense formular pequenos proxectos ou a resolución de exercicios en grupos reducidos de alumnos. |