Datos Identificativos | 2022/23 | |||||||||||||
Asignatura | Álxebra | Código | 614G01010 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 2º cuadrimestre |
Primeiro | Formación básica | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Prácticas de laboratorio | A1 B3 B6 C1 C6 | Ó longo do cuatrimestre realizanrase unhas probas de avaliación continua de cada un dos distintos temas onde se formularán preguntas sobre os conceptos introducidos, cuestións e exercicios similares ós do correspondente boletín. Valorarase a resposta correcta así como a presentación con claridade da exposición realizada. Poderase valorar unha actitude participativa do alumnado na resolución das cuestións formuladas durante as prácticas e nas titorías en grupos reducidos. A nota obtida neste apartado será a mesma nas dúas oportunidades da convocatoria do curso académico. |
20 |
Proba obxectiva | A1 B3 C1 | Ó final do cuatrimestre realizarase unha proba escrita que inclúe: - Preguntas curtas que permitan valorar se o alumno comprendeu os conceptos teóricos básicos. - Problemas cun grao de dificultade semellante aos realizados na aula e aos presentados nas coleccións de exercicios propostos. Avaliarase o dominio dos conceptos teóricos da materia, a comprensión dos mesmos e a súa aplicación na resolución de exercicios. Asimesmo, valorarase a claridade, a orde e a presentación dos resultados expostos. A presentación á proba final do curso supón que o estudante completou o proceso de avaliación continua. Hai que obter máis de 3 puntos, dos 8 posibles, na proba obxectiva para sumar a ésta a cualificación de evaluación continua (a cualificación final, neste caso, obténse sumando a cualificación da proba obxectiva e a da avaliación continua). Noutro caso, a cualificación final do alumno é, soamente, a nota da proba obxectiva. |
80 |
Observacións avaliación | |||
Avaliación do alumnado matriculado a tempo parcial: Dependendo das particularidades de cada caso concreto e de previo acordo co profesorado encargado do grupo ó que estea asignado un estudante matriculado a tempo parcial, axustaranse as probas da avaliación continua para que o devandito estudante poida obter a mesma cualificación que un estudante de matrícula ordinaria. Avaliación do alumnado matriculado con necesidades dalgunha adaptación curricular: Dependendo das particularidades de cada caso, axustaranse as probas de avaliación para que o devandito estudante poida realiza-las mesmas probas que os seus compañeiros. Na oportunidade adiantada a decembro, o exame cualificarase sobre dez puntos, sendo necesario obter polo menos un cinco para aprobar a materia. |