Metodoloxías
Sesión maxistral
Proba mixta
Traballos tutelados
Prácticas a través de TIC
Descrición
Resolución de dúbidas do alumnado tanto nas sesións maxistrais como nas sesións de solución de problemas e de prácticas.

Seguimento da aprendizaxe evolutiva dos estudantes e da súa participación activa na dinámica das clases.

As titorías serán preferiblemente en formato non presencial a través de diferentes medios telemáticos, principalmente usando a ferramenta Teams, e no horario especificado. Os estudantes poderán solicitar tamén titorías presenciais se o consideran necesario. O horario de titorías poderase adaptar segundo as necesidades do alumnado na modalidade de matriculación a tempo parcial.