Datos Identificativos | 2022/23 | |||||||||||||
Asignatura | Linguaxe Natural e Minaría de Textos | Código | 614G02043 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 2º cuadrimestre |
Cuarto | Optativa | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Proba obxectiva | A28 B2 B3 B8 | Actuación obrigatoria. Valorarase o dominio dos coñecementos teóricos e operativos da materia. | 50 |
Prácticas de laboratorio | A28 B2 B4 B7 B9 B10 | As entregas das prácticas deberán realizarse no prazo establecido no campus virtual e deberán seguir as especificacións sinaladas no escrito tanto para a súa presentación como para a súa defensa. | 40 |
Traballos tutelados | A28 B3 B4 B7 B10 | Avaliarase o dominio do alumnado para comprender e asimilar o traballo de investigación. | 10 |
Observacións avaliación | |||
O alumnado deberá acadar polo menos o 40% da nota máxima das partes teóricas e prácticas, sendo en todo caso a suma de tres partes superior a 5 para superar a materia. De non cumprirse algún dos requisitos anteriores, a cualificación da convocatoria establecerase en función da nota máis baixa obtida. No caso de non acadar o mínimo de teoría ou práctica, o alumno disporá dunha segunda oportunidade na que só estará obrigado a entregar dita parte. Os traballos tutelados considéranse como avaliación continua e non se entregarán na segunda oportunidade. As cualificacións non se gardarán entre cursos académicos. As entregas das prácticas deberán realizarse no prazo establecido no campus virtual e deberán seguir as especificacións sinaladas no escrito tanto para a súa presentación como para a súa defensa. Quen concorra á proba obxectiva no período oficial de avaliación terá a condición de “Presentado”. No caso de realización fraudulenta de exercicios ou probas, aplicarase o Regulamento de avaliación do rendemento académico do alumnado e revisión de cualificacións. En aplicación da normativa correspondente en materia de plaxio, a copia total ou parcial dalgún exercicio práctico ou teórico suporá o suspenso nas dúas oportunidades do curso, coa cualificación de 0,0 en ambos os casos. |