1.- Débese facer un
uso sostible dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio
natural. 2.- Débese ter en conta a importancia dos principios
éticos relacionados cos valores da sostenibilidade nos comportamentos persoais
e profesionais. 3.- Segundo se recolle nas distintas
normativas de aplicación para a docencia universitaria deberase incorporar a
perspectiva de xénero nesta materia (usarase linguaxe non sexista, utilizarase
bibliografía de autores de ambos os sexos, propiciarase a intervención en clase
de alumnos e alumnas...) 4.- Traballaráse para identificar e
modificar prexuízos e actitudes sexistas, e influirase na contorna para
modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade. 5.-
Deberanse detectar situacións de discriminación por razón de xénero e
proporanse accións e medidas para corrixilas. 6.- Facilitarase
a plena integración do alumnado que por razóns físicas, sensoriais, psíquicas ou
socioculturais, experimenten dificultades a un acceso axeitado, igualitario e
proveitoso á vida universitaria. |