Datos Identificativos | 2022/23 | |||||||||||||
Asignatura | Pobreza e desigualdade: debates, medicións e identificación de grupos en risco de exclusión | Código | 615525005 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Mestrado Oficial | 1º cuadrimestre |
Primeiro | Obrigatoria | 6 | ||||||||||
|
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
Materias que se recomenda cursar simultaneamente | |
|
Materias que continúan o temario |
Observacións | |
Recoméndase seguir con asiduidade as indicacións e novidades da plataforma MOODLE, xa que esta plataforma, xunto coas clases presenciais, constitúe un sistema esencial de comunicación entre a equipa docente e o estudantado. Ademáis, fanse as seguintes observacións e recomendacións, con carácter xeral: 1. A entrega dos traballos documentais que se realicen nesta materia: a. Solicitarase en formato virtual e/ou soporte informático; b. Realizarase a través de Moodle, en formato dixital sen necesidade de imprimilos 2. Débese ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores de sostenibilidade nos comportamentos persoais e profesionais. 3. Traballaráse para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas, e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade. 4. Facilitarase a plena integración do alumnado que por razón físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturais, experimenten dificultades a un acceso axeitado, igualitario e proveitoso á vida universitaria. 5. Nas clases sosterase o principio de debate democrático, escoitando e respetando todas as opinións diversas en torno aos temas tratados, tanto de parte do profesorado como do alumnado. Adicionalmente, é aconsellable tener coñecementos básicos de socioloxía, economía e dereito. En particular, debes coñecer o papel das organizacións transnacionais (Banco Mundial, Nacións Unidas, Unión Europea). Tamén hai coñecementos básicos de matemáticas e estatística aplicadas á correcta interpretación, cálculo e xestión de bases de datos e indicadores. Recoméndase ter un nivel de inglés medio-alto para un acceso adecuado ás fontes de información. Así mesmo, requírese un nivel adecuado de uso das TIC. |