Datos Identificativos | 2022/23 | |||||||||||||
Asignatura | Investigación-acción participativa, acción comunitaria e xestión das organizacións sociais | Código | 615525010d | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Mestrado Oficial | 2º cuadrimestre |
Primeiro | Obrigatoria | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Descrición |
Discusión dirixida | Fundaméntase na concepción da aprendizaxe como un proceso dialóxico, un acto de (re)creación solidarizando a reflexión e a acción. En base á análise previa de fontes documentais e/ou ao desenvolvemento de fases do traballo de investigación, promoverase a posta en común e o debate, contrastando opinións fundamentadas. Con esta metodoloxía preténdese: identificar dificultades na comprensión; provocar o pensamento diverxente; favorecer a conexión con experiencias vitais; tomar conciencia e reconstruír criticamente novas formas de pensar, sentir e actuar. A discusión dirixida para a modalidade online desenvolverase a través de foros de Moodle. |
Investigación (Proxecto de investigación) | Traballo de investigación que consiste nunha recollida e análise de datos de campo e no deseño dun proxecto de investigación acción participativa que dea resposta a algunha das necesidades identificadas. No desenvolvemento do traballo haberá que entregar informes de seguimento que poderán ser obxecto de traballo en sesións de titorías. |
Sesión maxistral | Destinada á exposición oral por parte da docente responsable na que achegar o saber científico e disciplinar imprescindible para a comprensión da materia. Complementarsase co uso de recursos pertinentes (textuais e/ou audiovisuais) e coa introdución de preguntas dirixidas ao alumnado para favorecer o diálogo reflexivo. A finalidade é promover unha aprendizaxe transformadora, potenciando a participación do alumnado na construción significativa do coñecemento. Para o alumnado da modalidade online gravaranse os contidos en vídeos educativos. |
Análise de fontes documentais | Técnica metodolóxica que supón a utilización de documentos audiovisuais e/ou bibliográficos (fragmentos de reportaxes documentais ou películas, noticias de actualidade, páxinas web, artigos científicos, textos lexislativos, etc.) relevantes para a temática da materia con actividades especificamente deseñadas para a análise dos mesmos. Pódese empregar como introdución xeral a un tema, como síntese de contidos de carácter teórico ou práctico, como instrumento na discusión dirixida, para a explicación de procesos que non se poden observar directamente, para a presentación de situacións complexas, etc. O dossier de lecturas obrigatorias e para afondar, estará dixitalizado e accesible no Moodle. |