Lecturas |
A21 A24 B3 B14 B20 B21 C5 C7 |
O alumnado deberá entregar vía Moodle unha breve recensión (ou contestar a preguntas concretas pautadas polo profesor) en torno aos materiais de cada sesión (textos, documentais audiovisuais, etc.). Deste xeito, o alumnado poderá levar ao día os contidos teóricos da materia a través de experiencias e prácticas concretas relacionados co temario. |
40 |
Traballos tutelados |
A22 A23 B1 B2 B19 B22 C3 |
Os traballos tutelados serán traballos de investigación realizados individualmente. O resultado final prepararase a modo de poster ou cartel dixital. Por este traballo final obterase un máximo de 6 puntos (o 60% da cualificación final); ata dous puntos dos cales responderán ao criterio do esforzo e da participación demostrada na súa realización. |
60 |