Datos Identificativos | 2022/23 | |||||||||||||
Asignatura | Procesos e Deseños da Investigación Social | Código | 615545002d | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Mestrado Oficial | 1º cuadrimestre |
Primeiro | Obrigatoria | 5 | ||||||||||
|
Temas | Subtemas |
Tema 1. A avaliación no contexto do deseño de proxectos sociais. | 1.1 A planificación como metodoloxía de traballo: o plan, o programa e o proxecto. 1.2 Análise de contextos e diagnoses: metodoloxías e técnicas para a diagnose de contextos sociais; matriz DAFO e sociogramas. O potencial das metodoloxías participativas. 1.3 Obxectivos xerais, obxectivos específicos e obxectivos operativos: diferenza entre tipos de obxectivos no proxecto. A vinculación entre os obxectivos e os instrumentos de avaliación. 1.4 A metodoloxía. A construción da metodoloxía a partir do Enfoque do Marco Lóxico. A diferenza por fases na acción planificada. O cronograma. O plan de comunicación. 1.5 A avaliación do proxecto: Conceptos crave, ética política e calidade da avaliación. |
Tema 2. Fases avaliativas: avaliación das necesidades, evolución do proceso, avaliación final, seguimento e control. | 2.1. Os tipos de Avaliación. Pola súa localización temporal. Segundo o seu obxecto. Por quen a fai. Polos seus instrumentos. 2.2. A análise estratéxica e o proceso da avaliación. A programación en avaliación e os Termos de Referencia. Momentos na execución da avaliación. Axentes en avaliación. Os “stakeholders”. |
Tema 3. Tipos de sistemas e metodoloxías avaliativas. | 3.1. O deseño metodolóxico da avaliación. Tipos de deseño (cualitativo, cuantitativo e participativo). Os criterios de avaliación (o EML): Eficiencia, eficacia, impacto, pertinencia, viabilidade e cobertura. A operacionalización: os indicadores da avaliación. |
Tema 4. Instrumentos avaliativos en programas / proxectos sociais. | 4.1. As principais técnicas de avaliación: vantaxes e inconvenientes. As técnicas cuantitativas: a enquisa. As técnicas cualitativas: a entrevista, o GD, a observación directa. A metodoloxía participativa. |
Tema 5. Ética da investigación social. | 5.1. Principios éticos que rexen na investigación social, regulación existente e principais protocolos aplicables en distintas disciplinas científicas dentro do Estado español e da Unión Europea 5.2. Claves para a elaboración dun informe sobre o mantemento dos principios éticos na investigación social e cuestións prácticas sobre a ética na formulación dos proxectos e na aplicación das técnicas de investigación. |