Metodoloxías Descrición
Prácticas de laboratorio Realización de clases prácticas, definidas polo profesorado sobre temas de actualidade nas que se combina a aplicación empírica de diferentes aspectos do deseño de investigación mixto e a enquisa como técnica de recollida de datos cuantitativa.
Investigación (Proxecto de investigación) Realización dun proxecto de investigación desde o paradigma do pluralismo metodolóxico que inclúa o deseño dunha metodoloxía de enquisa.
Sesión maxistral Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución de preguntas dirixidas ao estudantado, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe. Motivarase e valorarase a participación dos alumnos, mediante preguntas ou/e debate. Os materiais utilizados nas sesións: presentacións, audiovisuais, lecturas e prácticas tamén serán postos a disposición do/a alumno/a en formato dixital a través da aula virtual.