Datos Identificativos | 2022/23 | |||||||||||||
Asignatura | Seminarios de Especialización Aplicada I:Xénero, Poboación e Migracións | Código | 615545009 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Mestrado Oficial | 2º cuadrimestre |
Primeiro | Optativa | 5 | ||||||||||
|
Temas | Subtemas |
1. GENPOL - A desigualdade de xénero na implicación política: niveis local e nacional | Esta investigación propón abordar as causas da desigualdade de xénero na implicación política, incorporando o estudo do nivel local, que se vencella tradicionalmente a un maior nivel de participación por parte das mulleres. Para analizar este fenómeno emprégase unha metodoloxía mixta, que combina o enfoque cuantitativo e o cualitativo e integra a participación da cidadanía e de axentes políticos. |
2. CAREMODEL - O modelo de coidados de larga duración en transición: xénero e migracións | Este proxecto propón como obxectivo principal abordar os efectos da pandemia Covid_19 no sistema de coidados de larga duración en España. Analiza as consecuencias deste proceso no actual modelo de atención ás persoas maiores e adultos dependentes. A análise destas cuestións require articular complexas dimensións nas que se entrecruzan a filosofía de implementación dos recursos públicos e privados, os valores e a cultura, e o mercado laboral. |
3. CRISMIG - Crises, dinámicas migratorias e condicións de vida da poboación migrante en España | Esta investigación propón abordar a relación entre as recentes crises e o fenómeno migratorio en España integrando a análise das dinámicas migratorias e as condicións de vida da poboación migrante. A aproximación metodolóxica repousa nunha estratexia multimétodo que articula técnicas cuantitativas e cualitativas mediante unha estratexia de triangulación de carácter secuencial e que incorpora a participación dos principais axentes implicados. |
4. RIDERS - Culturas emerxentes da precariedade móbil na gig economy dixital | Nesta investigación, a chamada economía de plataformas é estudada a partir da análise da vida cotiá dos riders ou repartidores de comida a domicilio, rastreando a precariedade móbil nas cidades contemporáneas. A metodoloxía utilizada, de tipo cualitativo, conleva o desenvolvemento dunha etnografía itinerante multisituada, partindo da mobilidade como enfoque e como práctica metodolóxica. |