Metodoloxías Descrición
Portafolios do alumno Informe da actividade desenvolvida durante as prácticas preprofesionais. A súa estructura e orientación, en función do posto desempregado e as tarefas desenvolvidas na entidade de destino, serán tratadas nas xuntanzas periódicas coa titora académico, e según modelo de referencia (versión extendida do modelo oficial da Memoria Final do/a Alumno/a da UDC).
Traballos tutelados A metodoloxía desenvolvida nas prácticas externas correrá a cargo da empresa, en función do Plano Formativo e das características e organización da mesma.

En calquera caso para o desenvolvemento desta metodoloxía terase en conta:

· REQUERIMENTOS
Estar matriculad@, ou en condicións de facelo, na materia de "Prácticas".

· EMPRESAS COLABORADORAS
Dende outubro de 2022 a febreiro de 2023 daranse a coñecer, polas vias establecidas pola Facultade, aquelas prazas de prácticas que ofertan as entidades colaboradoras. Ditas ofertas incorporarán toda aquela información que poida resultar de interese para o alumnado solicitante: entidade ofertante, perfil da oferta, período de execución, horario, tipo de xornada semanal, se existe algún tipo de remuneración, etc.

Cada empresa pode determinar as súas condicións para a oferta de prácticas, sendo preciso desenvolver un mínimo de 150 horas para superar a materia.

Como parte do programa de aprendizaxe e servizo da UDC as persoas interesadas poderán facer prácticas en entidades sen ánimo de lucro, coas que a Universidade ten convenio, desenvolvendo tarefas estreitamente vinculadas á comunicación audiovisual -no seu sentido máis amplo- e ás competencias profesionais do Grao. Ditas entidades, así como o perfil de prácticas que ofertan, daranse a coñecer na xuntanza inicial (12 setembro), na que se explicará o funcionamento da materia Prácticas, e a través de Moodle.

Á marxe destas ofertas, o/a estudante pode solicitar o desenvolvemento de prácticas en entidades coas que a Universidade non ten establecido convenios (convenios motivados). Neste caso, unha vez valorada a idoneidade da empresa proposta pola Comisión con competencias na materia, procederase á xestión do Convenio de Cooperación Educativa para que o estudante poda desenvolver unha estadía de prácticas en dita entidade.

· PROCESO DE SOLICITUDE E SELECCIÓN DE PRÁCTICAS.
Cada oferta de prácticas levará incorporada unha data límite de presentación de candidaturas.
Rematado o prazo, inciarase o proceso de selección segundo estipule cada oferta de prácticas.

· Selección pola Facultade.
Documentación da solicitude: copia simple do expediente académico, curriculum vitae é documentos acreditativos dos méritos alegado. Sistema de selección: unha Comisión avaliará as candidaturas atendendo a criterios de excelencia académica.

· Selección pola entidade concreta.
Documentación da solicitude: copia simple do expediente académico e curriculum vitae.
Sistema de selección: Preselección da Facultade coa fin de comprobar o cumprimento dos requerimentos mínimos para as prácticas curriculares e selección por parte da entidade.
Neste caso, será a empresa quen estipule o sistema de selección (a través do curriculum vitae, entrevista persoal coas persoas candidatas, proba de selección, etc.), reservándose o dereito de convocar soamente ás candidaturas que se axusten ao perfil requerido.

Con independencia do sistema de selección, darase preferencia ao alumnado que non teña efectuado outras prácticas xestionadas por la Universidade, salvo que éstas no tiveran a duración precisa para o recoñecemento da materia.

· ADXUDICACIÓN DE PRÁCTICAS.
Unha vez rematado o proceso de selección, comunicarase a persoa candidata a súa condición de beneficiaria de ditas prácticas, sendo excluída automáticamente doutros procesos de selección en marcha.

Despois de comunicar a adxudicación, procederase á xestión de toda a documentación precisa para as prácticas. Asemade, aqueles estudantes que non teñan desenvolvida a matrícula na materia deberán formalizala e presentar un documento xustificativo antes do comezo das prácticas.

As prazas que queden desertas voltarán a ser ofertadas entre o alumnado matriculado e adxudicadas en función das súas preferencias.

O alumnado matriculado que non chegue a ser beneficiario dunha estadía de prácticas, terá ata febreiro de 2023 para solicitar un posible cambio de matricula para outra materia optativa.

· RECOÑECEMENTO

O alumnado que durante o curso 2021-2022 efectuou una estadía de prácticas grazas a Convenios de Cooperación Educativa entre a Universidade da Coruña e unha entidade colaboradora poderá solicitar o recoñecemento de dito período como prácticas curriculares equivalentes á materia "Prácticas". Esta solicitude terá que cumprimentarse no momento da matrícula ou nas primeiras semanas de curso (nunca despois de fins de setembro).

Para este recoñecemento deben cumprirse os siguientes requerimentos:
· Que teña efectuado a matrícula na materia "Prácticas".
· Que a estadía de prácticas teña sido igual ou superior a 150 horas.
· Que teña unha valoración positiva das prácticas por parte do titor/a da entidade.
· Que entregue a correspondente memoria, cuxa orientación e valoración correrá a cargo da titora académica.

En calquera caso, será a Comisión correspondente quen determine se, finalmente, terá lugar o recoñemento de ditas prácticas extracurriculares como curriculares.