Sesión maxistral |
Impartiranse os contidos fundamentais mediante sesión maxistral aínda que demandando unha participación activa do alumnado presentándolle problemas e cuestións a resolver. |
Proba obxectiva |
Empregaranse cuestionarios con preguntas obxectivas, fundamentalmente, a través do Campus Virtual, coa intención de estimular ao alumnado para estar ao corrente dos contidos expostos en sesións previas ou, mesmo, na propia sesión; así como, de incentivar as lecturas asociadas ao temario; tamén servirá para determinar a participación do alumnado. Os estudantes con menor puntuación poderán ser encargados de elaborar cuestionarios a expor nunha próxima sesión. |
Proba mixta |
Proba que pode integrar preguntas ben do tipo ensaio e/ou preguntas obxectivas. En canto ás preguntas de ensaio corresponde a preguntas abertas de desenvolvemento. Ademais, en canto preguntas obxectivas, pode combinar preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación. |
Prácticas clínicas |
Participación como suxeito experimental ou como axudante en estudos desenvolvidos no "Grupo de aprendizaxe e control do movemento humano en actividade física e deporte (ACoM)". |