Para un aproveitamento óptimo da materia, recoméndase: 1. Asistir ás sesións presenciais co material axeitado (judogui, cinto, chanclas e auga). A limpeza do material e a hixiene persoal son esenciais. As uñas deberían estar curtas para evitar danos nas prácticas. 2. Realizar o traballo de xeito continuo ao longo do curso. 3. Colaborar co PDI, e colaborar cos compañeiros/as para aprender máis e mellor. 4. Preguntar nas titorías ou a través do equipo TEAMS en caso de dúbidas. 5. Revisar a literatura básica para unha mellor comprensión dos contidos. 6. Practicar e buscar información de xeito autónomo para preparar os contidos da materia. 7. Avaliar a docencia impartida en AVALÍA despois de realizar o curso: para mellorar o Sistema de Garantía Interna de Calidade do noso centro, sería conveniente que os estudantes respondesen á solicitude da UDC, cada catro meses, relativa á participación na proceso de avaliación das materias cursadas, e cuxa chamada se fai baixo o nome de AVALÍA, consistente en respostar aos cuestionarios que avalían o ensino do profesorado en cada materia. |