Metodoloxías Descrición
Proba mixta Proba que integra unha pregunta aberta de desenvolvemento e unha proba obxectiva con varias preguntas de discriminación.
Eventos científicos e/ou divulgativos Actividade que implica que o alumno/a asista ou participe en eventos científicos e/ou divulgativos (congresos, xornadas, simposios, cursos, seminarios, conferencias, exposicións, etc.) co obxectivo de profundizar no coñecemento da estrutura e organización do deporte.

Estas actividades proporcionan ao alumnado experiencias e coñecementos actuais que incorporan as novidades no ámbito da xestión deportiva.
Sesión maxistral Exposición oral que pode apoiarse en ferramentas audiosvisuais e preguntas ao estudantado co fin de transmitir o coñecemento e facilitar a aprendizaxe
Aprendizaxe colaborativa Procedementos de ensino-aprendizaxe maneira presencial e/ou apoiados con tecnoloxía da información e as comunicación. Ten como obxectivo facer máis significativo e práctico o proceso de ensino-aprendizaxe.

Organización da clase en pequenos grupos para que o alumno traballe conxuntamente na resolución das tarefas propostas, que mellore a súa aprendizaxe para el e para o grupo