Materias que se recomenda ter cursado previamente
Xogos e recreación deportiva/620G01005
Aprendizaxe e control motor/620G01012
Biomecánica do movemento humano/620G01014
Teoría e práctica do exercicio/620G01016

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Metodoloxía de investigación en actividade física e deporte/620G01021
Actividade física saudable e calidade de vida I/620G01023
Metodoloxía do rendemento deportivo/620G01024

Materias que continúan o temario
Teoría e práctica do adestramento deportivo/620G01037

Observacións

Coa finalidade de mellorar o sistema de garantía interna de calidade do noso centro, sería convinte que o alumnado atendese á solicitude realizada pola UDC, con periodicidade cuadrimestral, respecto a participar no proceso de avaliación das materias cursadas” e cuxa chamada realiza baixo o nome de “AVALÍA” consistindo en responder as enquisas que avalían a docencia do profesorado en cada materia.

Nos diferentes contidos da asignatura o/a estudante debe prestar especial atención a relación entre práctica e teoría, que no caso da expresión corporal e a danza exixe unha implicación persoal referida a sensibilidade e emotividade das persoas.

Dado o carácter práctico da asignatura faise moi necesaria a vivencia persoal das diferentes situacións motrices de aprendizaxe propostas nas sesiones presenciáis para acadar o dominio da materia, disto despréndese a importancia da asistencias as clases.

Recomendase tamén a implicación do alumnado na práctica de actividades motrices artísticas que poidan ofertarse ao longo do curso, ase mesmo recomendase a asistencia a diferentes espectáculos expresivos e de danza que estean na oferta cultural da cidade, e a participación nos eventos relacionados coa danza e a expresión artística na Facultade: seminarios, cursos, actuacións, performances,...