Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte
Descriptores
Ciclo
Período
Curso
Tipo
Créditos
Grao
1º cuadrimestre
Terceiro
Optativa
6
Idioma
Castelán
Modalidade docente
Presencial
Prerrequisitos
Departamento
Economía
Coordinación
Agullo Leal, Fernando
Correo electrónico
fernando.agullo@udc.es
Profesorado
Agullo Leal, Fernando
Correo electrónico
fernando.agullo@udc.es
Web
Descrición xeral
A asignatura de Creación e Dirección de Empresas intégrase no plan de estudos do Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte con carácter optativo. Para xustificar a súa inclusión neste plan de estudos pódese dicir que é unha maneira de facer fronte a situación na que se atopan a xuventude ao tratar de se incorporar ao mercado de traballo e as dificultades que teñen que superar quenes pertencen ao devandito colectivo e ademaís son titulados universitarios.
Coa asignatura preténdese que o alumnado desenvolva actitudes éticas e críticas fronte ao papel da empresa na sociedade, recoñecer o valor social do espirito emprendedor.
A Integración desta asignatura no plan de estudos queda plenamente xustificada porque:
1. Contesta á importante demanda social que nos últimos tempos esixe un coñecemento máis científico e técnico do ámbito da Actividade Física e o Deporte, á vez que se requiere dar resposta a problemas tan ineludibles como é o paro xuvenil e o desemprego ou subemprego dos universitarios.
2. Responde á letra e ao espírito da normativa legal que regula a creación e funcionamento dos Institutos Nacionais de Educación Física, así como o contido esencial da Lei de Reforma Universitaria e a súa reforma cando considera que a universidade ha de servir para xerar coñecemento pero, ademais, debe transmitir ou transferir ese coñecemento á sociedade que a sustenta.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías