Datos Identificativos | 2022/23 | |||||||||||||
Asignatura | Planificación do proceso de ensino/aprendizaxe da actividade física e do deporte | Código | 620G01035 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 1º cuadrimestre |
Cuarto | Obrigatoria | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Traballos tutelados | A6 A8 A9 A10 A11 A12 A16 A17 B1 B3 B4 B5 B6 B10 B12 B14 B16 B18 B20 C1 C3 C4 C6 C8 | Este apartado constará de: A: Elaboración dun traballo obrigatorio, individual ou grupal, consistente na realización dun ou varios elementos dunha programación didáctica, enmarcada nun PROXECTO CURRICULAR de CENTRO para unha etapa educativa determinada, segundo o guion achegado polo profesor, publicado en moodle, e que en todo caso desenvolverase nas sesións prácticas de pequeno/mediano grupo. Poderase presentar de forma práctica na aula, podendo utilizar as TIC, e este proceso formará parte da avaliación do propio traballo, no caso de non levarse a cabo a defensa nas sesións ordinarias, poderase realizar nuha sesión específica unha vez rematadas as mesmas, de xeito presencial ou vía teams. B: Realización de traballos voluntarios, individuais ou en grupos reducidos sobre temas de interese elixidos polo propio alumnado, previa consulta co profesor da súa temática e estrutura. (Este último apartado será de execución voluntaria e complementarase coa asistencia e participación nas actividades de "Discusión Dirigida" desenvolvidas na aula, podendo supor un complemento equivalente a un 10% sobre a cualificación final obtida nos apartados obrigatorios) |
40 |
Proba mixta | A4 A10 A13 B7 B14 B16 C1 | Constará da realización dun exame final na 1ª oportunidade de Xuño e, no seu caso, na 2ª oportunidade de Xullo, composto dunha parte conceptual, en 1ª oportunidade tipo test e en 2ª pregunta curta, e outra de preguntas de desenvolvemento ou aplicativas da materia, sendo indispensable superar cada unha das partes nun 50% para a obtención do aprobado. | 60 |
Observacións avaliación | |||
Será obrigatorio asistir ás clases, polo menos ao 65% das sesións interactivas, pequeno/mediano grupo, para poder superar a materia, no caso de non cumprir os criterios de asistencia por razóns xustificadas, a criterio do profesor, poderase suplir a mesma coa elaboración dun traballo complementario sobre a temática desenvolvida nas devanditas sesións. Para aprobar a materia será necesario superar cada un dos apartados obrigatorios contemplados na Avaliación, considerándose como NON PRESENTADO a aqueles alumnos/ as que non se presenten ao exame final na data prevista no calendario oficial da Facultade e que non presenten o traballo obrigatorio. Tanto o exame como o resto de documentos de avaliación estarán no idioma de impartición da materia, se se desexa noutro idioma deberase solicitar para a súa preparación, polo menos, unha semana antes da data de realización do mesmo. No caso de non levarse a cabo as probas de avaliación de xeito presencial realizaránse nas plataformas institucionais ou recoñecidas pola UDC. Cando un alumno/a teña dificultades para o seguimento do curso, e polo tanto na avaliación, por ter matrícula parcial ou outras situacións, se valorará por ambalas partes a mellor maneira para adaptar as accións que se levarán a cabo, sen xerar disfuncións coas formulacións xerais nos diferentes apartados da presente Guía Docente. Na segunda oportunidade, e na convocatoria adiantada de decembro, respectaranse as partes aprobadas durante o curso en primeira oportunidade, debéndose realizar soamente as partes pendentes. En convocatorias de cursos sucesivos, teranse que realizar a totalidade dos requisitos de avaliación contemplados na guía docente oficial aprobado polo departamento para ese curso académico. Poderanse conservar, previa solicitude por escrito por parte do alumno/a e valoración e autorización por parte do profesor, aqueles apartados do proceso de avaliación vencellados con criterios prácticos e/ou de presencialidad xa realizados e avaliados positivamente en cursos anteriores, a condición de que coincidan en temática e requisitos de realización cos solicitados no curso académico actual (requirirán en todo caso coñecemento previo e autorización expresa por parte do profesor da materia). A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación implicará directamente a cualificación de suspenso '0' na materia na convocatoria correspondente, invalidando así calquera cualificación obtida en todas as actividades de avaliación de cara a convocatoria extraordinaria Ademais, segundo a Lei de Convivencia Universitaria (BOE núm. 48, do 25 de febreiro de 2022), a fraude académica, considérase falta moi grave, podendo implicar expulsión de 2 a 3 anos da universidade constando no expediente académico ata o seu total cumprimento; así como, a perda de dereitos de matrícula parcial durante un curso ou semestre académico (art. 14). Enténdese por fraude académica calquera comportamento premeditado tendente a falsear os resultados dun exame ou traballo, propio ou alleo, realizado como requisito para superar unha materia ou acreditar o rendemento académico (art. 11). |