_As habilidades de debuxo, a capacidade de expresión gráfica e o manexo de recursos gráficos son fundamentais para esta materia. É
imprescindible ter unha capacidade de visión espacial ben desenvolvida e coñecementos avanzados de sistema diédrico.
_Precísanse coñecementos sobre as teorías artísticas, especialmente sobre arte contemporánea, sobre filosofía e ciencia, e de forma esencial da arquitectura moderna e contemporánea, polo que se recomenda repasar todo o aprendido na materia de Introdución á Arquitectura. _Serán de gran axuda as reflexións sobre intereses persoais, desde os artísticos, incluíndo desde artes visuais, cinema, literatura, poesía ou música ata o deporte.
_Requírese unha actitude activa, perseveranza, curiosidade intelectual, talento para a observación e a reflexión, capacidade para desenvolver o pensamento creativo e analóxico, sensibilidade (apertura á experiencia e capacidade de emoción) e paixón pola arquitectura. _A destreza manual e a capacidade de abstracción deben ser cultivadas polo alumnado co obxecto de traballar con maquetas como mecanismo de ideación.
DESACONSÉLLASE MATRICULARSE NAS SEGUINTES MATERIAS DE PROXECTOS SEN TER SUPERADO A MATERIA DE PROXECTOS 1 |