Datos Identificativos | 2022/23 | |||||||||||||
Asignatura | Construción 1 | Código | 630G02010 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 2º cuadrimestre |
Primeiro | Obrigatoria | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Portafolios do alumno | B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B9 B10 B11 B12 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 | A avaliación do portafolios do alumno só se realizará se se presenta encadernado, completo e ordenado. | 15 |
Proba obxectiva | A12 A13 A14 A15 A17 A25 A26 A27 A39 A41 A63 | A proba obxectiva constará dun test de respostas múltiples e de varios exercicios teórico-prácticos relacionados co temario da materia. A puntuación de cada un dos exercicios estará indicada no seu enunciado. | 50 |
Sesión maxistral | A12 A13 A14 A15 A17 A25 A26 A27 A39 A41 A63 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 | Avaliaranse os apuntes da materia tomados polo alumno nas clases expositivas. Terase en conta o esforzo realizado para completar a información mediante búsquedas realizadas polos alumnos a traverso das fontes dispoñibles: bibliografía, webgrafía, información comercial, etc. Os apuntes redactaranse de forma manuscrita e valorarase especialmente a inclusión dos debuxos e croquis realizados polos profesores nas clases expositivas. | 5 |
Obradoiro | B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B9 B10 B11 B12 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 | Valorarase especialmente a precisión no debuxo, así como a claridade e limpeza na presentación dos traballos. | 30 |
Observacións avaliación | |||
Para ser avaliado globalmente para a materia en calquera das dúas oportunidades, será necesario: 1. Ter asistido polo menos ao 80% das Sesións Maxistráis, salvo causa de forza maior documentada. 2. Presentar todas as prácticas realizadas no Obradoiro. 3. Envíar o Portfolio completo. 4. Entregar as notas tomadas nas Sesións Maxistráis. 5. Facer a Proba obxectiva. No caso de que o día do exame o alumno non presente algún dos ítems puntuables da materia, figurará como 'Non presentado' na acta da oportunidade correspondente. No caso de que o alumno non acade unha cualificación igual ou superior a 4 puntos sobre 10 nalgún dos puntos de puntuación da materia, figurará como ‘Suspenso’ na acta da oportunidade correspondente, aínda que a súa a media é superior a 5 puntos sobre 10. A súa nota numérica será a máis baixa de todos os seus ítems. Na segunda oportunidade, só será imprescindible realizar aqueles ítems nos que non se acadara unha valoración de 4 puntos sobre 10. O alumno que repita curso non terá que repetir os exercicios nos que obtivese unha nota igual ou superior a 8 puntos sobre 10 no último curso académico. Non se contemplan medidas de dedicación a tempo parcial, pois é unha materia na que o obradoiro é unha metodoloxía fundamental. Non se contempla a dispensa académica, por tratarse dunha materia na que o obradoiro é unha metodoloxía fundamental. A detección de plaxio, así como a realización fraudulenta de probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de 'Suspenso 0' na materia da convocatoria correspondente, quedando sen efecto calquera cualificación obtida en todas as actividades de avaliación de afrontar a segunda oportunidade. |