Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Presentación oral A40 A48 A49 A53 A54 A55 A68 B2 B3 B4 B5 B6 B7 C1 C3 C4 C6 C7 O alumnado realizará un traballo individual relacionado co temario da asignatura que será acordado co profesorado. Os pasos a seguir son: selección do tema, documentación, guión xeral, preparación da presentación e exposición na aula, cunha duración máxima de 15 minutos. 20
Proba obxectiva A40 A48 A49 A53 A54 A55 A68 B2 B3 B4 B5 B6 B7 C1 Proba escrita utilizada para a avaliación da aprendizaxe. A Proba obxectiva combinará distintos tipos de preguntas: unha análise e comentario de varias obras de arte (práctica) e o desenvolvemento de varios temas da asignatura (teórica 1 + teórica 2).
Para superar o exame o alumnado deberá alcanzar un mínimo de 3 puntos en cada unha das preguntas: práctica (mín. 3) + teórica 1 (mín. 3) + teórica 2 (mín. 3), nas que se divida o exame.
60
Traballos tutelados A40 A48 A49 A53 A54 A55 A68 B2 B3 B4 B5 B6 B7 C1 C3 C4 C6 C7 O alumnado realizará un traballo grupal relacionado con algún dos apartados dos temas do programa que seleccionará o profesorado. Os pasos a seguir son: asignación do tema, documentación, guión xeral, sesións periódicas co profesor para o seguimento, preparación da presentación e exposición na aula. 20
 
Observacións avaliación

IMPORTANTE

O alumnado debe realizar todas as actividades da avaliación continua para aprobar o curso.

segunda oportunidade constará dunha proba obxectiva (exame) e as calificacións obtidas nas probas da avaliación continua realizadas en periodo lectivo e que non poderán volver a repetirse.

Tanto para o alumnado con dedicación completa como para aquel con recoñecemento con dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia. os criterios de avaliación serán os mesmos.


Dispensa académica de exención de asistencia

Na materia admítese a dispensa académica a aquel alumnado que teña recoñecido este dereito pola UDC, debendo presentarse ás evaluacións finais, expoñendo sempre os temas obrigatorios da asignatura.


Plaxio

A detección de plaxio, así como a realización fraudulenta de probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobadas, implicará directamente a cualificación de sospenso "0" na materia e na convocatoria correspondente, invalidando así calquera cualificación obtida en tódalas actividades de avaliación de cara á convocatoria extraordinaria.


Asistencia

A presencialidade (asistencia) é imprescindible, con participación activa e aproveitamento, tanto para as clases teóricas como interactivas.