Traballos tutelados |
Actividades prácticas a realizar polos estudantes durante o curso consistentes na análise de fontes documentais, estudos de caso, etc.. Consisten en horas presenciais e non presenciais, inclúe posta en común e comentarios. |
Obradoiro |
Actividades prácticas que se conciben como unha extensión natural das clases teóricas. Os traballos están contemplados desde unha dobre perspectiva: como unha oportunidade para ampliar e afondar nos conceptos teóricos adquiridos e como exercicio de aplicación destes mesmos conceptos a casos específicos, nos que o alumno pode experimentar poñendo en valor os criterios aprendidos. Debe realizarse unha entrega final completa das prácticas ao finalizar do cuadrimestre. Esixirá dedicación fóra das horas de clase |