Metodoloxías
Proba de resposta breve
Traballos tutelados
Sesión maxistral
Estudo de casos
Lecturas
Descrición
A elaboración dos traballos tutelados será supervisada polo profesor, dende o principio ata o final, e tanto nos aspectos formais como de fondo, polo que para esta actividade precísase atención personalizada fora da aula.
A resolución de casos prácticos e a realización de lecturas efectuarase polo alumno quen contará con atención personalizada sempre que o precise.

As sesións maxistrais impartidas polo profesor poden suscitar dúbidas ó alumno quen poderá recibir atención personalizada para solventalas. Asimesmo, o estudante pode consultar ó docente calquer cuestión relacionada coa proba de resposta breve.

Os alumnos ós que se lle concedeu o recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, poderán solicitar ó profesor, ó principio do cuadrimestre, un calendario específico de titorías compatible coa súa dedicación.

Son catro as horas de Titoría de Grupo Reducido, que terán lugar a través de Teams. Ao comezo do curso, o profesor encargado do grupo indicará a súa distribución.