Segundo a memoria de verificación dos grados da FEE, a asistencia
ás clases é obrigatoria, de xeito que se poderá ter en conta á hora de realizar
as actividades de avaliación, de acordo co establecido ao respecto no apartado
de avaliación da GADU. Utilización da bibliografía recomendada no programa. Resolver
sempre todas as dúbidas que xurdan durante o desenvolvemento das sesións,
recorrendo á atención personalizada cando sexa necesario. 1. A entrega dos traballos realizados nesta materia: 1.1.
Solicitaranse en formato virtual ou soporte informático. 1.2. Realizaranse a
través de Moodle, en formato dixital sen necesidade de imprimirlos 1.3. Se se
realizan en papel: - Non se utilizarán plásticos. - Realizarase impresión a
dobre cara. - Empregarase papel reciclado. - Evitarase a impresión de
borradores. 2. Facilitarase a plena integración do alumnado que por razóns
físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturais experimente dificultades para
acceder á vida universitaria de xeito adecuado, en igualdade e beneficioso. |