Sesión maxistral |
Método expositivo para facilitar ao estudante toda a información organizada en relación aos coñementos fundamentais corespondintes aos distintos temas. |
Obradoiro |
Realizaranse diferentes actividades que requiren a participación activa do alumnado. Valorarase a capacidade de análise e de razoamento do alumno afondando nos contidos propios da materia. En canto a traballo específico do alumno, propoñeranse preguntas de resposta breve para valorar o grao de aprendizaxe e a capacidade de síntese, tamén se formularán preguntas de resposta ampla relacionadas con aspectos da materia habitualmente con referencia a un texto, un gráfico, unha noticia, etc. e no seu caso tamén poden formularse preguntas onde o alumno deberá elixir unha das opcións formuladas no enunciado. |
Proba mixta |
Proba escrita sobre os coñecementos teóricos así como prácticos adquiridos en relación a economía mundial e española |