Datos Identificativos | 2022/23 | |||||||||||||
Asignatura | Economía da Empresa: Función Financeira | Código | 650G01008 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 2º cuadrimestre |
Primeiro | Formación básica | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Proba mixta | A1 A2 A3 A5 A10 A13 A14 A15 A18 A20 A21 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B10 B11 B12 B13 B14 C1 C3 C4 C5 C6 C7 C8 | A cualificación global calcularase sumando o resultado de dúas probas mixtas, valoradas cada unha delas cun máximo de 5 puntos. Estas probas mixtas poden conter cuestións teóricas e/ou prácticas, formuladas en calquera formato ou combinación de formatos: test, desenvolvemento, análise de casos, exercicios numéricos, etc. Primeira oportunidade: a primeira proba realizarase cara á metade do cuadrimestre, nunha data que se comunicará con antelación, e incluirá a parte da materia que se determine. A segunda proba terá lugar na data que a Facultade designe para o exame final, e referirase exclusivamente á parte da materia non avaliada na primeira proba. Segunda oportunidade: avaliarase nas mesmas condicións que a primeira. Salvo indicación en contrario, nesta segunda oportunidade ámbalas probas realizaranse de forma consecutiva na data que a Facultade acorde para o exame final. Tódalas probas puntuables deberán realizarse na data prevista, coas únicas excepcións que sexan aplicables conforme a normativa académica; en caso contrario computaranse como cero. Os estudantes exentos de asistencia seguirán o programa xeral de avaliación. A oportunidade adiantada avaliarase mediante unha proba mixta de 10 puntos, relativa ós contidos e competencias definidos na guía do curso inmediatamente anterior. |
100 |
Observacións avaliación | |||
Formato das probas: salvo que as circunstancias o fagan necesario e/ou se reciban instrucións específicas ao respecto, as probas de avaliación realizaranse de xeito presencial e nas datas establecidas, coas únicas excepcións previstas na normativa académica. No caso de ser necesario utilizar un formato telemático, aplicaranse as seguintes regras: deberán accederse, realizarse e entregarse nos termos e condicións sinalados en cada caso. Enténdese realizadas se os rexistros da plataforma indican que se accedeu a elas, independentemente de que se rexistren ou non as respostas, e se confirme ou non a entrega. Se omiti-la confirmación, a actividade entenderase entregada en branco e cualificarase cun cero. O incumprimento das bases da proba suporá a expulsión da mesma, a cualificación cero na mesma e, se é o caso, a incoación de expediente por fraude segundo a normativa académica. Isto aplícase, en particular, ao acceso tardío ás probas telemáticas. O alumnado é responsable de dispor dos medios necesarios para acceder aos recursos electrónicos e, no seu caso, realizar unha avaliación neste formato. Cualificación de non presentado: corresponde a quen participe unicamente en actividades de avaliación que teñan unha ponderación inferior ao 20% da nota final, independentemente da cualificación acadada. Idiomas: a opción por unha lingua concreta para a realización das probas de avaliación deberá realizarse por escrito e dentro da primeira semana lectiva do cuadrimestre en que se imparta a materia, e atenderase na medida en que as posibilidades técnicas e organizativas o permitan. Uso dos recursos TIC: os dispositivos e aplicacións que permitan a comunicación, almacenamento e/ou compartir datos deberán permanecer inactivos e fóra da vista, salvo autorización previa do profesorado. Enténdese activo calquera servizo dispoñible en segundo plano e/ou habilitado para recibir notificacións, mensaxes ou acceso a recursos compartidos de ou para terceiros; polo tanto, o alumnado é responsable de pechalos ou desactivalos cando o seu uso non estea xustificado nos termos anteriores. O incumprimento destas bases implicará a expulsión da proba, a cualificación de cero na mesma e, no seu caso, a incoación de expediente por fraude académico. Identificación: o alumnado deberá acreditar fidedignamente a súa identidade de acordo coa normativa vixente, utilizando os medios axeitados a cada circunstancia. |