Datos Identificativos | 2022/23 | |||||||||||||
Asignatura | Dirección Financeira II | Código | 650G01025 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 1º cuadrimestre |
Terceiro | Obrigatoria | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Proba mixta | A1 A3 A5 A6 A8 A11 A12 A20 C1 C3 C4 C6 C8 | A cualificación global calcularase sumando o resultado de dúas probas mixtas, valoradas cada unha delas cun máximo de 5 puntos. Estas probas mixtas poden conter cuestións teóricas e/ou prácticas, formuladas en calquera formato ou combinación de formatos: test, desenvolvemento, análise de casos, exercicios numéricos, etc. Primeira oportunidade: a primeira proba realizarase cara á metade do cuadrimestre, nunha data que se comunicará con antelación, e incluirá a parte da materia que se determine. A segunda proba terá lugar na data que a Facultade designe para o exame final, e referirase exclusivamente á parte da materia non avaliada na primeira proba. Segunda oportunidade: avaliarase nas mesmas condicións que a primeira. Salvo indicación en contrario, nesta segunda oportunidade ámbalas probas realizaranse de forma consecutiva na data que a Facultade acorde para o exame final. Tódalas probas puntuables deberán realizarse na data prevista, coas únicas excepcións que sexan aplicables conforme a normativa académica; en caso contrario computaranse como cero. Os estudantes exentos de asistencia seguirán o programa xeral de avaliación. A oportunidade adiantada avaliarase mediante unha proba mixta de 10 puntos, relativa ós contidos e competencias definidos na guía do curso inmediatamente anterior. |
100 |
Observacións avaliación | |||
Formato das probas: salvo que as circunstancias o fagan necesarioe/ou se reciban instrucións específicas ao respecto, as probas de avaliaciónrealizaranse de xeito presencial e nas datas establecidas, coas únicasexcepcións previstas na normativa académica. No caso de ser necesario utilizar un formato telemático,aplicaranse as seguintes regras: deberán accederse, realizarse e entregarse nostermos e condicións sinalados en cada caso. Enténdese realizadas se osrexistros da plataforma indican que se accedeu a elas, independentemente de quese rexistren ou non as respostas, e se confirme ou non a entrega. Se omit-laconfirmación, a actividade entenderase entregada en branco e cualificarase cuncero. O incumprimento das bases da proba suporá a expulsión da mesma, acualificación cero na mesma e, se é o caso, a incoación de expediente porfraude segundo a normativa académica. Isto aplícase, en particular, ao accesotardío ás probas telemáticas. O alumnado é responsable de dispor dos mediosnecesarios para acceder aos recursos electrónicos e, no seu caso, realizar unhaavaliación neste formato. Valoración de non presentado: corresponde a quen participeunicamente en actividades de avaliación que teñan unha ponderación inferior ao20% da nota final, independentemente da cualificación acadada. Idiomas: a opción por unha lingua concreta para a realización dasprobas de avaliación deberá realizarse por escrito e dentro da primeira semanalectiva do cuadrimestre en que se imparta a materia, e atenderase na medida enque as posibilidades técnicas e organizativas o permitan. Uso dos recursos TIC: os dispositivos e aplicacións que permitan acomunicación, almacenamento e/ou compartir datos deberán permanecer inactivos efóra da vista, salvo autorización previa do profesorado. Enténdese activocalquera servizo dispoñible en segundo plano e/ou habilitado para recibirnotificacións, mensaxes ou acceso a recursos compartidos de ou para terceiros;polo tanto, o alumnado é responsable de pechalos ou desactivalos cando o seuuso non estea xustificado nos termos anteriores. O incumprimento destas basesimplicará a expulsión da proba, a cualificación de cero na mesma e, no seucaso, a incoación de expediente por fraude académico. Identificación: o alumnado deberá acreditar fidedignamentea súa identidade de acordo coa normativa vixente, utilizando os mediosaxeitados a cada circunstancia. |