Datos Identificativos | 2022/23 | |||||||||||||
Asignatura | ANATOMÍA II | Código | 651G01002 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 2º cuadrimestre |
Primeiro | Formación básica | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Descrición |
Sesión maxistral | Clase que desenvolve os contidos teóricos dunha unidade temática. É unha clase participativa, favorecendo o intercambio de opinións e o debate. |
Prácticas de laboratorio | Clases que desenvolven a un tempo contidos teóricos e prácticos dunha unidade temática. Ademais dos recursos da sesión maxistral (encerado, vídeo-proxección, etc.), empréganse como apoio á docenca as maquetas e os ósos da osteoteca do laboratorio de Anatomía Humana. A docencia impártese a grupos reducidos, de modo que favorece a participación do alumnado mediante o intercambio de opinións, o debate e a resolución de problemas, permitindo así a atención personalizada. Avaliación continua: valorarase a actitude, o interese pola aprendizaxe e a capacidade para solucionar problemas formulados polo profesorado. |
Proba de resposta múltiple | Exame tipo test sobre unha unidade temática. O alumnado pode/debe realizalo para comprobar o nivel de comprensión e coñecemento da parte da materia examinada. |
Proba obxectiva | Consiste nunha PROBA ESCRITA, constituída por dúas partes: - Preguntas curtas, que requiren unha resposta breve, en xeral dunha extensión máxima de media páxina. - Exame tipo test, no que cada pregunta conta con catro opcións da que só una é verdadeira. Non se puntúa negativo por resposta incorrecta, mais descártase para o aprobado o 25% das repostas correctas. No caso do alumnado que conte cunha adaptación curricular concedida pola Unidade de Atención á Diversidade (ADI) da UDC na que se recolla a dificultade para a realización de exames escritos, realizarase no seu lugar unha PROBA ORAL, que consistirá en preguntas de resposta breve. |