Datos Identificativos | 2022/23 | |||||||||||||
Asignatura | Trastornos da linguaxe oral e escrita: lectura e comprensión | Código | 652438019 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Mestrado Oficial | 1º cuadrimestre |
Primeiro | Obrigatoria | 3 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Estudo de casos | A4 A6 A19 B2 B8 B11 B12 C2 C3 | DIAGNÓSTICO E INTERVENCIÓN | 20 |
Proba obxectiva | A4 A5 | PROBA TIPO TEST SOBRE OS CONTIDOS. Se debe obtener, como mínimo, una puntuación de cuatro sobre diez. | 40 |
Sesión maxistral | A4 A6 | ASISTENCIA A CLASE | 0 |
Lecturas | A7 B1 B2 B8 B11 B12 B13 C3 | Valorarase o nivel de profundización e a capacidade de reflexión do alumnado sobre cada lectura proposta. | 10 |
Traballos tutelados | A7 B1 B2 B8 B11 B12 B13 C3 | Metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma dos estudantes, baixo a tutela do profesor. Constitúe unha opción baseada na asunción polos estudantes da responsabilidade pola súa propia aprendizaxe. Este sistema de ensino baséase en dous elementos básicos: a aprendizaxe independente dos estudantes e o seguimento desa aprendizaxe polo profesor-titor. Propoñerase a realización de traballos de grupo, de carácter obrigatorio, ao redor dos temas centrais da materia e para o inicio da súa elaboración facilitarase un pequeno dossier a partir do cal o alumnado deberá ir profundando na materia obxecto de estudo. O resultado dese traballo exponse de forma interactiva utilizando a metodoloxía da presentación oral. | 30 |
Observacións avaliación | |||
A ASISTENCIA É OBRIGATORIA (salvo dispensa concedida ou motivo xustficado documentalmente). Tanto a realización da proba obxectiva (a condición de que se obteña, como mínimo, unha puntuación de catro sobre dez) como dos traballos tutelados e a súa correspondente exposición e defensa, considéranse obrigatorios para superar a materia. As cualificacións obtidas nestes apartados sumaranse ás obtidas nos restantes (estudo de casos e lecturas). Considérase aprobada a materia a partir de cinco (5). Calquera puntuación inferior supón a cualificación de Suspenso. A non realización dun ou ambos os apartados obrigatorios supón a cualificación de Non Presentado. Se por causas alleas á nosa vontade e se así o indicase o Goberno do Estado, variasen as condicións de realización do curso, entón a avaliación cinguiríase á puntuación da proba obxectiva, cun 40% de peso na cualificación final, á síntese dos traballos tutelados coa aprendizaxe colaborativa, que pasaría a ter un peso do 30% da cualificación final, os estudos de casos, que supoñerían un 20% da cualificación final e, por último, as lecturas e o nivel de profundización nelas, que supoñerían un 10% da cualificación final. Todo iso levaría a cabo a través dos recursos tecnolóxicos dos que se poida dispoñer nese momento. O alumnado con dedicación a tempo parcial e dispensa académica de asistencia será avaliado da mesma maneira, excepto a exposición oral, que poderá ser síncrona ou asíncrona (para o alumnado asistente só será síncrona). |