O alumnado que non alcance o 80% da asistencia ás clases ou non asista, realizará un exame sobre os contidos da materia na data oficial do exame. Para a elaboración do traballo seguirase a normativa publicada no moodle na presentación da materia.
En relación coa redacción de traballos, estes non poderán conter plaxio, considerado este como a utilización de material non orixinal, incluído aquel obtido a través de internet, sen indicación expresa da súa orixe e, se é ou caso, ou permiso do seu autor/a, poderá ser considerado causa de cualificación de suspenso na actividade. Todo iso sen prexuízo das responsabilidades disciplinarias ás que puidese haber lugar.
A fin de garantir os obxectivos do Green Campus, os traballos entregaránse sempre vía online en formato electrónico evitando o consumo de papel e plásticos.