Recensión bilbiográfica |
Traballos en grupo que consistirán na análise de bibliografía para obter conclusións sobre algún aspecto específico da materia. |
Sesión maxistral |
Exposición oral por parte do profesorado utilizando presentacións e medios audiovisuais e incorporando debates sobre as cuestións tratadas, polo que serán tamén sesións de marcado carácter interactivo, promovendo a participación do alumnado. |
Discusión dirixida |
Técnica de dinámica de grupos na que o alumnado discute de forma libre, informal e espontánea sobre un tema, aínda que poderán estar coordinados polo profesorado. |
Análise de fontes documentais |
Actividades que se realizarán ao longo da materia onde se analizarán diferentes fontes documentais. Por unha parte, artigos de investigación sobre Didáctica das Ciencias Sociais e, pola outra, diferentes recursos didácticos para o ensino aprendizaxe das Ciencias Sociais, preferentemente libros de texto, desde unha perspectiva crítica. |