Aprendizaxe servizo |
Presentación da aprendizaxe adquirida con traballos tutelados orientados a necesidades reais da súa contorna coa fin de mellorala, que se fará a algunha entidade colaboradora para proporcionar un servizo á comunidade.
Esta actividade e a anterior son excluíntes, de tal xeito que o estudantado só realizará unha delas. O número de horas totais dedicado polo tanto a esta actividade será a suma das horas planificadas para cada unha, é dicir, 11 horas de traballo presencial e 21 horas de traballo autónomo.
|
Prácticas a través de TIC |
O/a estudante poderá comprobar a aplicación práctica dalgúns dos contidos teóricos vistos nas clases maxistrais. Nestas prácticas utilizaranse diferentes ferramentas propostas polo profesorado.
A entrega das prácticas será flexible segundo as necesidades do estudantado na modalidade de matriculación a tempo parcial.
|
Sesión maxistral |
Exposición dos contidos teóricos da materia de acordo cos resultados de aprendizaxe.
|