Datos Identificativos | 2022/23 | |||||||||||||
Asignatura | Didáctica da tecnoloxía na educación secundaria | Código | 652602221 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Mestrado Oficial | Anual |
Primeiro | Obrigatoria | 4 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Descrición |
Actividades iniciais | Actividade para levar a cabo na aula co obxectivo de coñecer os coñecementos previos, interese e motivación do alumnado de cara á materia. Posteriormente, darase a coñecer os obxectivos e competencias a adquirir na materia, así coma a forma de traballar na mesma. |
Sesión maxistral | Exposición dos contidos da materia por parte da/do docente, buscando ao mesmo tempo a participación do alumnado. |
Estudo de casos | Análise de casos prácticos presentados pola/polo docente. |
Lecturas | Lectura de material bibliográfico e da web, así coma a busca e selección de información sobre situacións e estratexias didácticas. |
Análise de fontes documentais | Análise de bibliografía e materiais didácticos da especialidade. |
Discusión dirixida | Servirá como contraste da avaliación das distintas actividades. |
Foro virtual | Espazo de comunicación entre o alumnado e a/o docente, así coma entre as/os estudantes para traballar os contidos da materia. Valorarase o contido das achegas feitas. Ditas achegas teñen que facerse seguindo as instrucións suxeridas pola/polo docente. |
Saídas de campo | Esta actividade realizarase en dúas fases: A primeira en grande grupo, na que se realizará a visita guiada a algún centro ou institución de interese tecnolóxico. A segunda en pequeno grupo, de 3 ou 4 alumnos/as, segundo o acordo ao que se chegue na aula. Nesta o alumnado estudará os aspectos didácticos da actividade, para o que elaborará un informe no que se inclúan os apartados especificados pola/polo docente. Os requisitos mínimos para obter unha cualificación positiva son: - Contemplar significativamente os apartados especificados pola/polo docente. - Integrar significativamente as TIC. - Estar titorizado pola/polo docente, de xeito que se realice, a lo menos, unha titoría para a revisión do informe antes da súa entrega definitiva. Non se valorará ningún informe entregado que non fose titorizado previamente. Dita titorización realizarase sobre apartados completos e non sobre esquemas da UD. As titorías levaranse a cabo no horario de titorías da/do docente. - Empregar o currículo vixente. - Cumprir coa extensión e formato especificados pola/polo docente, incluíndo a portada e índice do informe. - Ser entregado no prazo establecido, tanto en formato WORD como en PDF, a través do Campus Virtual. - Contemplar significativamente a presenza de traballos científicos, coa súa correspondente citación, xa que é un signo de credibilidade e requisito para demostrar a excelencia académica. Recoméndase consultar: https://www.udc.es/gl/biblioteca/servizos/ - As referencias bibliográficas empregadas deben estar referenciadas apropiadamente en formato APA, última edición. Tense que evitar o plaxio. As citas e as referencias a calquera texto debe declararse, xa que o uso literal do texto ou ideas doutros autores parafraseadas sen declarar supón o suspenso do traballo en aplicación do artigo 14. 4. Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de Grao e Máster Universitario: "Na realización de traballos, o plaxio e a utilización de material non orixinal, incluído aquel obtido a través da internet, sen indicación expresa da súa procedencia e, se é ou caso, ou permiso do seu autor/a, poderá ser considerada causa de cualificación de suspenso na actividade. Todo iso sen prexuízo das responsabilidades disciplinarias ás que puidese haber lugar tras o correspondente procedemento". |
Simulación | SIMULACIÓN DO MÉTODO DE PROXECTOS: O alumnado de Máster elaborará, en pequeno grupo, unha proposta didáctica baseada no método de proxectos, tanto desde o punto de vista do profesor/da profesora como desde o punto de vista do estudantado. Os requisitos mínimos para obter unha cualificación positiva son: - Contemplar significativamente os apartados especificados pola/polo docente. - Integrar significativamente as TIC. - Integrar significativamente a Educación ambiental. - Entregar o prototipo á/ao docente na aula, durante a exposición oral. - Estar titorizado pola/polo docente, de xeito que se realice, a lo menos, unha titoría para a revisión do traballo antes da súa entrega definitiva. Non se valorará ningún traballo entregado que non fose titorizado previamente. Dita titorización realizarase sobre apartados completos e non sobre esquemas da UD. As titorías levaranse a cabo no horario de titorías da/do docente. - Empregar o currículo vixente. - Cumprir coa extensión e formato especificados pola/polo docente, incluíndo a portada e índice do informe. - Ser entregado no prazo establecido, tanto en formato WORD como en PDF, a través do Campus Virtual. - Contemplar significativamente a presenza de traballos científicos, coa súa correspondente citación, xa que é un signo de credibilidade e requisito para demostrar a excelencia académica. Recoméndase consultar: https://www.udc.es/gl/biblioteca/servizos/ - As referencias bibliográficas empregadas deben estar referenciadas apropiadamente en formato APA, última edición. Tense que evitar o plaxio. As citas e as referencias a calquera texto debe declararse, xa que o uso literal do texto ou ideas doutros autores parafraseadas sen declarar supón o suspenso do traballo en aplicación do artigo 14. 4. Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de Grao e Máster Universitario: "Na realización de traballos, o plaxio e a utilización de material non orixinal, incluído aquel obtido a través da internet, sen indicación expresa da súa procedencia e, se é ou caso, ou permiso do seu autor/a, poderá ser considerada causa de cualificación de suspenso na actividade. Todo iso sen prexuízo das responsabilidades disciplinarias ás que puidese haber lugar tras o correspondente procedemento". |
Presentación oral | Exposición por parte de cada pequeno grupo do traballo tutelado realizado na materia (simulación do método de proxectos). A duración máxima da presentación oral son 20 minutos. Na presentación é imprescindible entregar o prototipo á /ao docente na aula. |